Galvanic Galizan Memes é unha conta de redes sociais galega. Ten máis de vinte mil seguidores en Instagram. Publica memes en galego e inglés de temática galega.
Apareceu por primeira vez no 2017, destacando nos seus inicios a súa presenza en Twitter e Facebook. Co paso do tempo migraron a outras redes sociais. A finais de 2025 publican contido de xeito constante en Instagram, TikTok, Facebook, YouTube, Telegram e Bluesky.
Historia A conta naceu en 2017 en Facebook e Twitter coa intención de espallar o nacionalismo galego e facer fronte ao españolismo nas redes sociais, durante a súa primeira etapa a conta foi moi belixerante co españolismo e a política estatal.
A conta foi medrando e gañando notoriedade co paso do tempo, chegando a saír nos informativos da TVG e a crear perfís en máis redes.
Pasado o 2021 a actividade da conta comezou a baixar, volvendo a subir en 2024 cun estilo de humor renovado. En 2025 a conta abandonou X cun chío de despedida por problemas coa plataforma.
A finais de 2025 os perfís mantéñense activos, sumando estes máis de 35 mil seguidores, sendo o perfil de Instagram o máis popular con máis de 20500 seguidores.
Notas
Categoría:Internet Categoría:Redes sociais