A selección de fútbol de Palestina (en ) é o equipo que representa a Palestina no fútbol internacional masculino. A selección está baixo a xurisdición global da FIFA e é gobernada a nivel continental pola Confederación Asiática de Fútbol (AFC).

A selección palestina é coñecida por varios alcumes: "Leóns de Canaán" (en árabe: أُسُودُ كَنعَان), "os Fedayoon" (en árabe: الْفَدَائِيُّون), "os Cabaleiros" (en árabe: الْفُرْسَان). As súas cores principais son o vermello e o branco. O equipo alcanzou a súa posición máis alta na clasificación da FIFA en febreiro de 2018, despois de encadear unha xeira de 12 partidos invictos, do 29 de marzo de 2016 ao 22 de marzo de 2018. A sede principal de Palestina é o Estadio Internacional Faisal Al-Husseini en Al-Ram, aínda que se viron obrigados a xogar en estadios neutrais para os partidos na casa en numerosas ocasións.

En 1928 fundouse unha federación de fútbol no Mandato británico de Palestina. A selección nacional non foi recoñecida pola FIFA até 1998, despois da creación da Autoridade Nacional Palestina. Ese mesmo ano, Palestina xogou o seu primeiro partido recoñecido pola FIFA nunha derrota por 3-1 contra o Líbano nun amigable. Durante eses encontros, o equipo estaba composto só de xogadores xudeus. O equipo gañou a Copa Desafío da AFC de 2014, grazas a unha vitoria por 1-0 sobre Filipinas na final. A súa vitoria na competición clasificounos para a Copa Asiática da AFC de 2015, o que supuxo a súa primeira participación na competición. Palestina tamén se clasificou para a seguinte edición da Copa Asiática en 2019, a súa primeira a través da clasificación regular. Aínda non se clasificaron para a Copa do Mundo.

Notas