Rogelio Rodríguez López, tamén coñecido como José Morais, nado en Soulecín (Santigoso, O Barco de Valdeorras) cara a 1914 e finado en Ourense o 2 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Fillo de Domingo Rodríguez Fernández e Amalia López, unha familia acomodada grazas aos recursos que lograra o pai en Cuba. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno na sega en Tolocirio (Segovia). Volveu a Soulecín. En agosto foi recrutado e mobilizado polo Exército sublevado, encadrado nunha unidade enviada a Asturias. A finais de 1936 pásase a zona leal. Coa caída de Asturias en outubro de 1937 volve clandestinamente a Soulecín e agóchase na casa familiar. O seu irmán Sebastián, que estaba mobilizado no exército franquista, desertou e refuxiouse con Rogelio na casa. En febreiro de 1939 foron descubertos pola Garda Civil durante un rexistro, e produciuse un tiroteo no que morreu un garda. Os irmáns fuxiron ao monte e incorporáronse ao grupo de Manuel Álvarez Arias "Bailarín". O 18 de outubro de 1939 os seus pais Domingo e Amalia foron fusilados en Soulecín, e os seus catro irmáns fuxiron ao monte, onde caeron en combate coas forzas franquistas entre 1941 e 1949.
O 13 de maio de 1940 Rogelio e Sebastián executaron ao lexionario Luis Zarracina Rodríguez, asasino dos seus pais. Rogelio pasou a Portugal. Con outros refuxiados conseguiu chegar a Porto, onde pasaron o inverno. Foi detido pola policía portuguesa xunto con Gerardo Núñez Rodríguez e Constantino Santos Morán logo dun enfrontamento en Vila Nova de Gaia o 5 de marzo de 1941 no que morreron un lexionario e un soldado da Guarda Fiscal e un axente da PVDE resultou gravemente ferido. Entregados ás autoridades franquistas, foron xulgados en Ourense pola causa 127/41. Condenados a morte, foron fusilados en Ourense o 2 de outubro de 1941.La Región, 14-10-1941, p. 4.El Compostelano, 14-10-1941, p. 3.
Sebastián foi alcanzado por unha bala perdida e morreu durante un enfrontamento coa Gardia Civil en Borruga o 30 de outubro de 1942. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas A ella le pegó cinco tiros. A él bastó con un certero disparo en la cabeza.
Expediente persoal do recluso Rogelio Rodríguez López
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1941