O tesouro Malmesbury é un tesouro de máis de 1.200 moedas romanas de Britania atopado en 2012 nas proximidades de Malmesbury, Witshire, Inglaterra."Hoard. Unique ID: WILT-032C93 ". Portable Antiquities Scheme (Fnds.org.uk).
Descuberta e contido As moedas foron atopadas xunto cos restos dun recipiente de cerámica por un detector de metais en setembro de 2012, e posteriormente comunicouse o achado ás autoridades locais arqueolóxicas e de patrimonio.
O depósito contiña 1.266 moedas datadas entre o 286 e o 317 d.C., das cales 1.263 son nummi e tres son antoninianos radiati, estes últimos dos emperadores Diocleciano (284-311), Maximiano (286-305) e Alecto (293-296). Os nummi foron cuñados en polo menos oito cecas romanas, e as maiores concentracións proviñan de Londres (680 moedas), Tréveris (441 moedas) e Arles (103 moedas).
Canto á súa composición, todas as moedas son dunha aliaxe de cobre arxentífero, similar a un billón de moi baixa calidade. Non obstante, como só conteñen arredor dun 5 % de prata, deberían considerarse esencialmente como de bronce. +Distribución dos nummi por cecasPeríodoCecas romanasLondiniumTréverisLugdunumArelateTiciniumRomaOstiaSisciaIncertaTotal307-31358540878—5342191.104313-31794322531———2155Ilaxible11———————2Total68044110336342211.263Todas estas moedas pertencen a un sistema monetario de curta duración —que foi reformado despois no ano 317 d.C., o que expulsou as moedas anteriores da circulación— e forman un grupo compositivo discreto, o que testemuña que todas proceden dun mesmo depósito, que probablemente represente os aforros agochados e non recuperados dun individuo.
Conservación e exposición O tesouro foi adquirido polo Museo Athelstan de Malmesbury, cunha subvención do Heritage Lottery Fund, e ficou exposto ao público en abril de 2022."Malmesbury Roman coin hoard set to go on display". En BBC (BBC.com). 3 de abril de 2022."Malmesbury Coin Hoard". Athelstan Museum (Malmesburycoinhoard.uk).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. ISBN 9781907427794
Outros artigos
Tesouro
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Tesouros romanos