Gerardo Núñez Rodríguez, coñecido como Perdiguero, nado no Val (Rubiá) cara a 1906 e finado en Ourense o 2 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 combateu en Asturias. Ao caer a fronte foi detido, pasou por campos de concentración e finalmente foi trasladado ao cárcere provincial de Ourense onde entrou o 7 de setembro de 1937. Conseguiu escapar e en 1939 volveu ao Val, pero o cura denunciouno.Felícita Rodríguez Canórnigo A Lexión presentouse na aldea e tras varios disparos, conseguiu escapar ileso. Porén, o 23 de outubro de 1939, os 19 lexionarios volveron a aldea para facer unha batida e deron co paradoiro dos seus tres irmáns José, Francisco e Ramón, que tamén se botaran ao monte. Os tres foron asasinados ese mesmo día.
Pasou a Portugal o 27 de xullo de 1940 e con outros refuxiados conseguiu chegar a Porto, onde pasaron o inverno. Foi detido pola policía portuguesa xunto con Rogelio Rodríguez López e Constantino Santos Morán logo dun enfrontamento en Vila Nova de Gaia o 5 de marzo de 1941 no que morreron un lexionario e un soldado da Guarda Fiscal e un axente da PVDE resultou gravemente ferido. Entregados ás autoridades franquistas, foron xulgados en Ourense pola causa 127/1941. Condenados a morte, foron fusilados o 2 de outubro de 1941.La Región, 14-10-1941, p. 4.El Compostelano, 14-10-1941, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Expediente persoal do recluso Gerardo Núñez Rodríguez
Gerardo Núñez "O Perdiguero"
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Rubiá Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1941