En man som heter Ove (Un home chamado Ove) é unha película sueca de comedia dramática de 2015 dirixida e escrita por Hannes Holm, baseada na novela homónima de Fredrik Backman.

Sinopse Ove (Rolf Lassgård) é un viúvo de 59 anos que está enfadado con todo o mundo que o rodea, especialmente rabuñento cos veciños no pequeno lugar onde vive. Ten ganas de matarse para reunirse con súa muller. Non obstante, os seus intentos vense frustrados sen querer pola chegada de novos veciños do outro lado da rúa, unha familia cunha muller embarazada, Parvaneh (Bahar Pars).

Comeza entón unha relación amistosa inesperada, na que Ove revisa o seu pasado, marcado polo seu pai ferroviario, o seu encontro coa súa futura esposa Sonja (Ida Engvoll), as súas vacacións en España, os problemas cos empregados do concello e a súa asociación e rivalidade con Rune (Börje Lundberg) na xestión do condominio. Ao mesmo tempo, adopta novas actitudes, incluíndo adoptar un gato que antes desprezaba.

Elenco

Rolf Lassgård – Ove Bahar Pars – Parvaneh Filip Berg – Ove (novo) Ida Engvoll – Sonja, esposa de Ove Chatarina Larsson – Anita, esposa de Rune Börje Lundberg – Rune, veciño con parálise Tobias Almborg – Patrick, marido de Parvaneh Klas Wiljergård – Jimmy, fillo de Rune e Anita Poyan Karimi – Mirsad Simon Edenroth – Adrian Johan Widerberg – Funcionario do concello Stefan Gödicke – Pai de Ove Anna-Lena Bergelin – Xornalista

Produción A película rodouse en Trollhättan, Vänersborg, Gotemburgo, Estocolmo e Mallorca.

Premios e nomeamentos A película foi candidata aos Premios Satellite á mellor película en lingua estranxeira e aos Premios Óscar de 2017 nas categorías de mellor maquillaxe e mellor fiilme en lingua estranxeira .

Remake Tom Hanks produciu unha nova versión estadounidense, quen tamén protagoniza a película, A Man Called Otto. En xaneiro de 2022, anunciouse que a película, sería dirixida por Marc Forster, con David Magee escribindo o guión. A rodaxe comezou en febreiro de 2022 en Pittsburgh con Mariana Treviño, Rachel Keller e Manuel Garcia-Rulfo coprotagonizando xunto a Hanks. Estreouse nos Estados Unidos o 25 de decembro de 2022.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de candidaturas ao Óscar á mellor película en lingua non estranxeira de 2017 .

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de Nordisk Film Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes rodados en Estocolmo Categoría:Filmes ambientados en España Categoría:Filmes ambientados en Suecia Categoría:Filmes en lingua sueca