Segismundo Blanco Fuentes, nado na Estrada en 1914 e finado en Santiago de Compostela o 19 de xullo do 1997, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Mario Blanco Torres. Aprobou os exames para secretario xudicial en maio de 1933.El Ideal Gallego, 13-5-1933, p. 3. Funcionario xudicial na Estrada. Militante de Mocedades Galeguistas, foi elixido membro da directiva do Partido Galeguista da Estrada en marzo de 1936.El Pueblo Gallego, 26-3-1936, p. 14. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi represaliado. Rehabilitado, foi nomeado oficial do xulgado comarcal de Silleda en 1946.El Ideal Gallego, 24-5-1946, p. 2. Destinado como secretario xudicial en Aldeanueva del Camino (Cáceres), solicitou a excedencia en 1955.BOE, 20-7-1955, 4428. Reintegrouse ao servizo como secretario xudicial en 1958.BOE, 13-8-1968, p. 11978. O seu último destino foi o Xulgado de distrito da Estrada, onde se xubilou en 1982. Foi xerente do Teatro Principal da Estrada nos anos sesenta e setenta. Finou en Santiago de Compostela o 19 de xullo de 1997 con 82 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, Pontevedra, 20-7-1997, p. 46.
Recoñecementos Cruz de San Raimundo de Peñafort, 1982.La Voz de Galicia, Pontevedra, 28-3-1982,p. 28. Vida persoal Foi sobriño de Roberto Blanco Torres. Casou con María Luisa Valdés Mota e foi pai de Segismundo e Germán Blanco Valdés.
Notas
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Políticos do Partido Galeguista
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1997