O tesouro de El Mesuno é un tesouro monetario composto por arredor de 1.600 moedas de ouro de dous escudos españois cuñadas na ceca de Santa Fe, descuberto na insua de El Mesuno, preto da cidade de Honda, Colombia. O depósito foi descuberto polo pescador local Domingo Guzmán, o 22 de agosto de 1936.

Aínda que o contido do tesouro se dispersou, arredor 500 pezas son propiedade do Banco da República de Colombia, que as mantén en exposición no Museo Casa de Moeda como parte da colección numismática do banco.

O achado esquerda|miniatura|A cidade de Honda e o río Magdalena.|280x280px A primeira noticia acerca da descuberta deste depósito de moedas publicouse na revista editada polo Banco da República de Colombia, en novembro de 1936."El Tesoro de El Mesuno". En Revista del Banco de la Republica. Novembro de 1936. Páxina 385."The Incredible Story of the El Mesuno Treasure". Commodore Coins & Collectibles Ltd. (Commodorecoins.com). 12 de abril de 2025.

O tesouro foi descuberto en El Mesuno, unha insua no río Magdalena, a uns seis quilómetros da cidade de Honda, en Tolima,"Obras comentadas | El Tesoro del Mesuno". Banco de la República de Colombia (Banrepcultural.org). o 22 de agosto de 1936. O pescador artesanal Domingo Guzmán estaba a revisar as súas canas de pesca cando notou un obxecto refulxente parcialmente soterrado na beira da insua e detívose para recoller o obxecto. Guzmán sacou entón unha pequena caixa de ferro que contiña aproximadamente 1.600 moedas macuquinas de ouro de dous escudos. O pescador gardou algunhas das moedas no peto para llas amosar aos seus irmáns, Aristóbulo e Jorge Gúzman, que tamén estaban a pescar na zona, e logo volveu soterrar a caixa.

Domingo Gúzman, tras regresar con Aristóbulo e Jorge ao lugar da insua de El Mesuno onde soterrara a caixa, procedeu a dividir o tesouro entre os tres.

Contexto histórico-numismático miniatura|esquerda|Sampán no río Madalena (ca. 1860) por Ramón Torres Méndez|280x280px Durante a colonización española de América, o río Magdalena foi a principal vía de transporte entre Bogotá e o porto caribeño de Cartaxena de Indias; a vila de Honda era unha parada importante entre ambas as cidades e era o principal punto de embarque e desembarque das embarcacións de transporte tradicionais polo río, chamadas sampáns.

En Bogotá, por orde de Filipe III de España (1528-1621), a Casa da Moeda de Santa Fe cuñou as primeiras moedas de ouro en América e proporcionou a moeda necesaria para realizar o comercio no Novo Reino de Granada."La Ceca de Santa Fe". Enumismatic.comDeana Salmerón, A. (1988). "Las acuñaciones de la casa de moneda de Santa Fe de Bogotá, en el Nuevo Reino de Granada". En Gaceta Numismática. Vol. 91. Páxinas 7-10.

Está amplamente aceptado que as moedas deste tesouro procedían dun sanpán que as transportaba e que naufragou pouco despois de embarcar en Honda. O obxectivo do transporte podería ser axudar a financiar o Castelo de San Filipe de Barajas ou tamén envialo á propia España nun galeón desde Cartaxena."El tesoro que apareció en el Río Magdalena". Banco de la República de Colombia (banrepcultural.org).

Contido O conxunto do tesouro estaba composto por unhas 1.600 moedas de dous escudos de ouro españois, cuñadas entre 1627 e 1637. Estas moedas, coñecidas tamén como dobróns e, internacionalmente, como pistole, tiñan un peso de aproximadamente 6,77 gramos (0,239 onzas) e un diámetro duns 27 milímetros"Moneda de dos escudos". Banco de la República. Colecciones (Banrepcultural.org). e foron cuñadas en ouro de 22 quilates. miniatura|Anverso dunha moeda macuquina de 2 escudos (1630) a nome de Filipe IV. No anverso, todas estas moedas representan o Escudo dos Habsburgo, que serviu como escudo de armas de Filipe IV de España durante o seu reinado no Imperio Español entre 1621 e 1665. Nesta face amosan a marca de ceca "NR", correspondente a Novo Reino, e tamén a marca do mestre de ceca, "A", correspondente a Alonso de Anuncibay, que exerceu como tal na Ceca de Santa Fe entre 1632 e 1642. O valor facial das moedas está marcado polo número romano II (2 escudos). A inscrición, que se amosa sempre parcialmente cortada debido a que o disco da moeda é máis pequeno que o cuño, é PHILIPPVS. IIII. D. G. ("Filipe IV pola graza de Deus).

Pola súa banda, no reverso reprodúcese a cruz de Xerusalén decorada con catro flores de lis e no interior dunha orladura cuadrilobulada. A inscrición das moedas, en latín, é HISPANIARIVM. REX, seguida do ano de cuñaxe da moeda.

Adquisición e exposición En 1936, o mesmo ano no que se descubriu o tesouro, o Banco da República adquiriu arredor de 500 pezas do seu contido, ben directamente dos irmáns Guzmán ou ben de persoas ás que os irmáns lles pagaran con esas moedas. Os exemplares restantes, que se repartiran a partes iguais entre os tres irmáns, esparexéronse vendéndoos dun xeito non rastrexable, e gastándoos como medio de pagamento polos seus posuidores."Así se despilfarró el tesoro de El Mesuno". En Notas Numismáticas. Medellín. Novembro de 2007. Páxinas 8-9.

As moedas adquiridas polo Banco da República pasaron a estar expostas ao público como parte da colección numismática da Casa de Moeda de Colombia, desde que esta se estableceu como museo na década de 1990."Museo Casa de Moneda Conoce la historia de la casa". Banco de la República de Colombia (Banrepcultural.org)."Tesoros que pasan inadvertidos en la Casa de la Moneda". Universidad Nacional de Colombia (Agenciadenoticias.unal.edu.co). Logo de ficar pechado durante uns anos, o 23 de xullo de 2023, en conmemoración do centenario do Banco da República, o Museo Casa de Moeda reabriu ao público cunha nova exposición permanente que incluía unha nova presentación do tesouro de Mesuno."Apertura del Museo Casa de Moneda". Banco de la República de Colombia (Bnrep.gov.co). A presentación simula o leito rochoso do río Magdalena onde os Guzmán descubriron inicialmente o tesouro en 1936."Colección Numismática Banco de la República. Exposición permanente". Banco de la República de Colombia (Banrep.gov.co).

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Buitrago, J. (1938). Pescadores del Magdalena. Editorial Minerva, Bogotá. Lozano, C. E. (2010). "El tesoro del Mesuno o la guaca del 36". En Gaceta. Santiago de Cali. Nº 962. 22 de agosto. Páxinas 6-8.

Wilcox, C. S. (1943). "The Spanish Gold Treasure of El Mesuno". En The Numismatic Review. Decembro.

Outros artigos

Tesouro Escudo español (moeda)

Categoría:Tesouros Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Colombia Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas da Idade Moderna Categoría:Moedas de Colombia