Inês de Albuquerque Rocha Botelho, nada en Vila Nova de Gaia o 3 de agosto de 1986, é unha escritora portuguesa.

Traxectoria Naceu en Vila Nova de Gaia en 1986. En 2008 licenciouse en Bioloxía e en 2013 completou o seu máster en Estudos Angloamericanos, ambos os dous na Universidade do Porto. Ten un diploma de piano de oitavo curso.

En 2002 escribiu o seu primeiro libro, A Filha dos Mundos. De alí xurdiron: A Senhora da Noite e das Brumas e A Rainha das Terras da Luz.

En 2007 presentouse o libro Prelúdio e en 2010 O passado que seremos. O passado que seremos está na lista de recomendacións do Plan Nacional de Lectura como lectura suxerida para a educación secundaria. Colaboradora de CETAPS – Centre for English Translation and Anglo-Portuguese Studies.

Obras Fantasía A Filha dos Mundos (2003). Editora Gailivro. 2012: edición de peto, Editora 11x17 A Senhora da Noite e das Brumas (2004). Editora Gailivro. 2012: edición de peto, Editora 11x17 A Rainha das Terras da Luz (2005).Editora Gailivro. 2013: edición de peto, Editora 11x17

Novela Preludio (2007). Editorial Gailivro O Passado Seremos (2010). Porto Editora

Contos "A Encomenda" -(2008). Revista Bang! Nº 4 (páxinas 77-80). "Na noite branca, o vermello" (2010). Revista Correntes D'Escritas, febreiro de 2010 (pp. 15-16) "Felicidade" (2010). Revista Bang! Nº 8 (páxinas 44-47). "Unha cidade para Calvino" (2013 ). Revista Bang! Nº 15 (páxina 49).

Tese de Mestrado "Do Belo Monstruoso: representações de “A Bela e o Monstro” nos contos de Angela Carter “The Tiger’s Bride” e “The Company of Wolves”" (2013).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Inês Botelho Páxina web de Porto Editora sobre Inês Botelho

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa