Martha Rosler, nada en Brooklyn (Nova York) en 1943, é unha artista norteamericana que traballa en fotografía e foto-texto, vídeo, instalación, escultura, e performance, ademais escribe artigos sobre arte e cultura.
Obra Semiotics of the Kitchen A obra Semiotics of the Kitchen (1974/75) é unha obra pioneira de videoarte feminista que parodia os primeiros programas de cociña da televisión. Rosler mostra os utensilios de cociña por orde alfabética. Cando os seus xestos comezan a tomar un xiro inesperado e posiblemente alarmante, a personaxe acaba distribuíndo os utensilios, usando o seu corpo como semáforo. Rosler suxeriu que esta obra humorística pretende desafiar as expectativas sociais sobre as mulleres con respecto á produción de alimentos e, en termos máis amplos, o papel da linguaxe na configuración destas expectativas. Segundo a autora "Cando a muller fala, dá nome a súa propia opresión".
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de California, San Diego Categoría:Artistas feministas Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1943