Leonel Charles Panosh, nado en Kellnersville, Wisconsin, o 1 de abril de 1894 e finado en San Diego, California, o 21 de marzo de 1967, foi un numismático estadounidense, presidente da American Numismatic Association entre 1955 e 1957.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Leonel C. Panosh naceu na localidade rural de Kellnersville, Wisconsin, o 1 de abril de 1894, sendo o máis vello dos tres fillos de Julia Reznichek (1871-1909) e do muiñeiro John Charles Panosh (1868-1938)."Leonel Charles Panosh". Familysearch.org Na súa adolescencia trasladouse a Chicago, e nesa cidade cursou o ensino secundario, no instituto Joseph Medill.D. S.; D. C. B. (1967).

Logo participou en Europa na primeira guerra mundial, na que resultou ferido en combate, polo que recibiu dúas condecoracións: a Purple Heart e a medalla de Verdún. Finalizada a contenda regresou aos Estados Unidos, onde pasou tres anos de recuperación en diferentes hospitais.

En Chicago realizou os seus estudos superiores na Northwestern University, na que acadou a súa licenciatura en Comercio en 1923.Sixty-fifth Annual Commencement. Northwestern University Gymnasium, Evanston. 1923. Páxina 16. A partir dese momento, as secuelas das súas feridas de guerra obrigárono a retomar as longas estadías hospitalarias, que se sucederon ata 1928.

Xarreira profesional e numismática A dedicación profesional de Panosh foi a de contable e xestor da empresa Harbor Transfer Company, un traballo do que se xubilou en 1966.

O seu interese pola numismática comezou na súa infancia, cando comezou a súa incipiente colección de moedas, que co tempo foi cobrando relevancia e especializándose na moeda da Antiga Grecia, sinaladamente a procedente das cecas de Rodas e Malta.

Panosh estivo ligado durante 26 á American Numismatic Association (ANA), na que colaborou en moi deversos comités e onde ocupou a vicepresidencia segunda (1949-1951), a vicepresidencia primeira e, finalmente, a presidencia entre o 27 de agosto de 1955 e o 24 de agosto de 1957."ANA Presidents: 1891-Present". American Numismatic Association (Money.org). Esta entidade honrouno co seu máximo galardón dous anos antes do seu falecemento."Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Asociation (Money.org).

Panosh foi un numismático socialmente moi activo. Á parte da súa vinculación á ANA, ao longo da súa traxectoria formou parte tamén do consello de goberno da Sociedade Numismática de San Diego, que tamén presidiu (1949). Igualmente, foi fundador e o terceiro presidente da Asociación Numismática do Estado de California (1951-1952), que o honrou coa emisión dunha medalla co seu busto."Medal - California State Numismatic Association Leonel C. Panosh". Numista.com Tamén foi un dos fundadores e presidente da Sociedade de Tokens e Medallas.

Recoñecementos

1955: Medalla ao Mérito, American Numismatic Association (ANA). 1965: Premio Farran Zerbe Memorial (ANA). 1984: Inclusión no Paseo da Fama da ANA."Past Numismatic Hall of Fame Inductees". American Numismatic Association (Money.org).

Vida persoal Panosh casou con Anna Merle Dillon (1898-1990) en 1932.Smith, P. (2025).

Era membro da masonaría de 33º grao e durante 22 anos foi secretario da loxa Hackett 574 .

Leonel Charles Panosh finou en San Diego, California, o 21 de marzo de 1967, aos 62 anos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

D. S.; D. C. B. (1967). "Leonel C. Panosh". En The Numismatist. Maio. Páxinba 601. Smith, P. (2025). "Panosh, Leonel Charles "Lew"". En American Numismatic Biographies. Páxina 330.

Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Coleccionistas Categoría:Alumnos da Universidade do Noroeste Categoría:Personalidades sen imaxes