Un sitio Chi ou secuencia Chi (do inglés crossover hotspot instigator, en galego instigador de puntos quentes de sobrecruzamento) é un curto tramo de ADN no xenoma dunha bacteria preto da cal é máis probable que ocorra a recombinación homóloga respecto a media no conxunto do xenoma. Os sitios Chi serven como estimuladores reparación de roturas de dobre febra do ADN nas bacterias, que poden orixinarse pola exposición á radiación ou tratamentos químicos, ou resulta da rotura da forcada de replicación durante a replicación do ADN. A secuencia do sitio Chi é diferente para cada grupo de organismos estreitamente relacionados; en Escherichia coli e outras bacterias entéricas, como Salmonella, a secuencia central é 5'-GCTGGTGG-3' e ademais hai importantes nucleótidos situados a uns de 4 a 7 nucleótidos do lado 3' da secuencia central.PJ. Lao, DR. Forsdyke. Crossover hot-spot instigator (Chi) sequences in Escherichia coli occupy distinct recombination/transcription islands. Gene. 243 (1-2), s. 47-57, febreiro de 2000. A existencia de sitios Chi foi descuberto orixinalmente no xenoma do bacteriófago lambda, un virus que infecta E. coli, pero agora sábese que aparece unhas 1000 veces máis frecuentemente no xenoma de E. coli.
A secuencia Chi serve como sinal á helicase-nuclease RecBCD que orixina un importante cambio nas actividades deste encima. RecBCD, despois de encontrar a secuencia Chi mentres desenrola o ADN, corta o ADN a uns poucos nucleótidos do lado 3’ do Chi, dentro das importantes secuencias sinaladas arriba; dependendo das condicións da reacción, este corte é unha amosega simple da fibra que finaliza en 3' ou ben o cambio da actividade nuclease que pasa de cortar a fibra finalizada en 3’ a cortar a fibra que finaliza en 5’. En ambos os casos o ADN monocatenario 3’ resultante está unido a múltiples moléculas da proteína RecA que facilita a "invasión da febra", na cal unha febra dun ADN bicatenario homólogo é desprazada polo ADN monocatenario asociado con RecA. A invasión da febra forma unha molécula de ADN unida chamada bucle D. A resolución do bucle D pénsase que ocorre pola replicación cebada polo extremo 3’ xerado en Chi (no bucle D). Alternativamente, o bucle D pode converterse nunha unión de Holliday ao cortarse o bucle D e producirse un segundo intercambio de febras de ADN; a unión de Holliday pode converterse nun dúplex linear ao cortarse a unión de Holliday e ligárense as amosegas resultantes. Ambos os tipos de resolución poden xerar moléculas de ADN recombinantes se os dous ADNs interaccionantes son xeneticamente diferentes, así como reparar a molécula de ADN inicialmente rota.
Aínda que os sitios Chi denomínanse ás veces "puntos quentes de recombinación", o nome Chi significa instigador de puntos quentes de sobrecruzamento, xa que procede da abreviación do nome en inglés crossover hotspot instigator. Chi é o nome apropiado para a bacteria E. coli e outras bacterias; non obstante, no fago lambda de E. coli o termo aparece ás veces escrito como "sitio χ", usando a letra grega khi (que na literatura inglesa é chi).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Homologous Recombination Interactive Animation, online artwork from Trun N and Trempy J, Fundamental Bacterial Genetics.
Categoría:Bioquímica Categoría:Xenética