Agustín Sienra, nado en Capitán Bermúdez o 14 de xullo de 1999, é un futbolista arxentino que xoga como defensa central no Castellón, da Segunda División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras de Defensores Santa Catalina, Newell's Old Boys e Defensa y Justicia. A finais de 2020 deu o salto ao primeiro equipo deste último, debutando nun encontro ante Central Córdoba o 29 de novembro. Entre 2021 e 2023 xogou cedido no Villa San Carlos primeiro e no San Martín de San Juan despois, conseguindo con este último o ascenso á Primeira División.
O 7 de xullo de 2025 deu o salto ao fútbol europeo, asinando polo Castellón, da Segunda División española.
Notas
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados na provincia de Santa Fe Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Defensa y Justicia Categoría:Xogadores do CD Castellón