O Reino de Dublín (en ) foi un pequeno pero poderoso enclave e centro comercial nórdico-gaélico que controlaba principalmente algunhas partes da costa irlandesa arredor de Dublín, coincidindo aproximadamente co moderno condado de Dublín. Os viquingos chegaron a esta zona nalgún momento do século IX. Hai evidencias de longphorts viquingos en Irlanda cara ao ano 841. O reino foi gaelizándose gradualmente, como aconteceu con outras rexións de tradición celta en diferentes períodos históricos, producindo un sincretismo cultural polo que se coñeceron como nórdico-gaélicos.

En 988, Máel Sechnaill mac Domnaill liderou a conquista irlandesa do reino de Dublín, unha data tradicionalmente tomada como a fundación da cidade, aínda que xa tiña varios séculos de historia. A mediados so século XI, o Reino de Leinster comezou a exercer unha grande influencia sobre o de Dublín e, a pesar diso, este último sobreviviu como estado independente ata a invasión normanda de Irlanda en 1171.

Historia A primeira referencia aos viquingos procede dos Anais do Ulster; na primeira entrada para o ano 841 lese: "Os pagáns aínda están no lago Neagh". A partir desta data os historiadores atopan referencias a peiraos viquingos construídos na Irlanda. É probable que os nórdicos pasaran o seu primeiro inverno na illa contra o 840 ou o 841. A localización actual do primeiro molle de Dublín aínda é obxecto de debate. Os gobernantes noruegueses de Dublín adoitaban ser correis, e ás veces tamén reis de Jórvík (na actual Yorkshire). Baixo o seu mandato, Dublín converteuse nun importante porto do mercado de escravos. O interior de Dublín durante o este período coñecíase en nórdico antigo como Dyflinnar skíði.

Reis de Dublín miniatura|Árbore xenealóxica dos Uí Ímair.|left O reino estivo gobernado por unha monarquía de orixe escandinava, probabelmente norueguesa, que se adaptou á cultura goidélica a partir do reinado de Máel Sechnaill mac Domnaill. A dinastía nórdica-gaélica Uí Ímair, fundada por Ivar o Desosado, foi a máis extensa, influente e poderosa de Dublín e outros territorios viquingos das Illas do Norte na era viquinga.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Historia de Irlanda. Reino de Irlanda. Reino de Cork. Reino de Waterford. Reino de Osraige. Longford. Uí Ímair. Dubgaill e Finngaill.

Ligazóns externas Cronoloxía do Reino Viquingo de Dublín.

Categoría:Historia de Irlanda Categoría:Viquingos