Sorry, Baby é unha comedia dramática independente estadounidense de 2025, escrita e dirixida por Eva Victor no que supuxo o seu debut como directora. Protagonizada pola propia Victor, Naomi Ackie, Louis Cancelmi, Kelly McCormack, Lucas Hedges e John Carroll Lynch, a historia xira arredor de Agnes, unha profesora universitaria, que afronta o período posterior a unha agresión sexual.

Foi premiada como mellor guión no Festival de Cine de Sundance de 2025 e tamén recibiu o galardón á mellor actriz na Seminci de 2025.

Notas

Categoría:Filmes de A24 Films Categoría:Filmes de 2025