César Rendueles Menéndez de Llano, nado en Xirona en 1975, é un filósofo, sociólogo e ensaista español. Actualmente é investigador no Consello Superior de Investigacións Científicas.
Traxectoria O seu ensaio de 2013 Sociofobia: El cambio político en la era de la utopía digital alcanzou unha gran repercusión e foi seleccionado como un dos dez libros do ano polo diario El País. Nel o autor cuestiona, entre outros asuntos, a relevancia das redes sociais e Internet na acción política; de feito, o seu efecto é disolvente e xeran unha realidade social diminuída, non aumentada, rebaixando as expectativas respecto a o que cabe esperar da intervención política ou as relacións persoais. Cuestiona, en primeiro lugar, o consenso ideolóxico polo que fai á capacidade das tecnoloxías da comunicación para inducir dinámicas sociais positivas. En segundo lugar, fai unha análise da sociedade capitalista como un sistema destrutor das relacións comunitarias e sitúa aos cidadáns illados no centro da reivindicación política. Popularizou nocións como ciberfetichismo ou espellismo dixital.
En 2015 publicou o seu segundo ensaio, Capitalismo canalla. Una historia personal del capitalismo a través de la literatura. En 2016 En bruto. Una reivindicación del materialismo histórico e Los (bienes) comunes, este último xunto con Joan Subirats que trata a propiedade privada e a xestión comunal (traxedia dos comúns) fronte á xestión privada ou pública.
Notas
Categoría:Nados en Xirona Categoría:Sociólogos de España Categoría:Nados en 1975