Álex Calatrava Torrado, nado en Parets del Vallès o 22 de xuño de 2000, é un futbolista catalán que xoga como extremo no Castellón, da Segunda División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do CF Damm, do Barcelona e do UA Horta. O 22 de abril de 2018 debutou co primeiro equipo do Horta na Terceira División, nun encontro ante o Europa. En xullo pasou ao equipo xuvenil da UE Sant Andreu, antes de fichar o ano seguinte polo CE Parets, da Primeira Catalá.
Tras pasar polo Sants e a UE Llagostera (que cambiou de nome a UE Costa Brava pouco despois da súa chegada), en xaneiro de 2022, ingresou no Atlético de Madrid B. Militou dous anos no filial atlético e o 11 de xullo de 2024, ao remate do seu contrato, fichou polo Castellón, que acababa de ascender á Segunda División.
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Parets del Vallès Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da UE Sants Categoría:Xogadores do UE Llagostera Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do CD Castellón