O debate de cociña (en inglés kitchen debate e en ruso Кухонные дебаты) foi unha discusión improvisada (a través de intérpretes), o 24 de xullo de 1959, entre o entón vicepresidente estadounidense Richard Nixon e o secretario xeral doPartido Comunista da Unión Soviética Nikita Jrushchov.Oldenziel, Ruth, and Karin Zachmann, eds. Cold War kitchen: Americanization, technology, and European users. Mit Press, 2011. Tivo lugar durante a apertura da Exhibición Nacional Estadounidense instalada no parque Sokólniki da capital soviética de Moscova. Para ese evento en especial, montouse unha casa prefabricada, da que os seus promotores dixeron que calquera persoa (cun salario digno) nos Estados Unidos podía custearse. Esta vivenda foi provista para a ocasión, con varios aparellos de cociña da actualmente denominada «liña branca», que aliviaban o traballo das amas de casa, á vez que representaban os froitos do «florecente» mercado norteamericano de bens de consumo, virtualmente inexistente na URSS daqueles anos.
Notas
Categoría:Historia da Unión Soviética Categoría:Guerra Fría
Categoría:1959