William George Jerrems, nado en Sydney, Australia, o 5 de febreiro de 1869 e finado en Kansas City, Missouri, o 16 de febreiro de 1945, foi un comerciante téxtil e numismático estadounidense, fundador da American Numismatic Association en 1891.

Traxectoria

William G. Jerrems naceu en Sidney, Australia o 5 de febreiro de 1869, fillo de Mary Adelaide Nicoll (1848-1930) e de William George Jerrems (1843-1905),"William George Jerrems II". Familysearch.org de orixe inglesa e emigrantes primeiro a Australia e logo aos Estados Unidos, a onde chegaron en 1881.Smith, P. (2025-b-).

Neste país, William G. Jerrems dedicouse profesionalmente ao comercio téxtil, na compañía Wm. Jerrems & Sons, que comercializaba a marca Nicoll the Tailor, herdada do seu avó materno Alexander Nicoll, de grande éxito antes da Gran Depresión. Jerrens xubilouse do negocio en 1930.Smith, P. (2025-a-).

Paralelamente á súa dedicación profesional, Jerrems foi un afeccionado á numismática e coleccionista de moedas desde a súa xuventude, a partir de 1882. Foi un dos cinco homes que se reuniron en Chicago para fundar a American Numismatic Association (ANS).Bowers, Q. D. (1991). The American Numismatic Association Centenial History. Bowers & Merena Galleries. Wolfeboro. ISBN 978-0943161297"ANA History. 125 Years of Collecting with the American Numismatic Association". American Numismatic Association (Money.org). No número de xullo de 1891 da revista The Numismatist, Jerrems foi nomeado presidente provisional da ANS á espera da súa organización oficial.The Numismatist. Vol. 3. Nº 13-14. July 1891. Páxinas 52, 61. Posteriormente, na primeira asemblea da entidade en Chicago, foi elixido como o seu primeiro presidente, posto que exerceu do 7 de outubro de 1891 ao 5 de outubro de 1892."ANA Presidents 1891 to the Present". American Numismatic Association (Money.org).. Foi o membro número 3 da Asociación.

Ademais, Jerrems foi tamén membro fundador da Sociedade Numismática de Chicago, e en 1904 foi elixido o seu primeiro presidente.

A súa colección de 1.500 moedas gregas e 4.000 moedas romanas foi vendida o 22 de decembro de 1915 nunha poxa organizada pola compañía de Henry Chapman. Pola súa banda, a súa colección de moedas de cobre foi adquirida por Virgil Brand. Tamén foi coleccionista de selos, fósiles, minerais, libros e obxectos indíxenas.

O busto de Jerrems aparece xunto cos de George F. Heath e Joseph Hooper, cofundadores da ANA, nunha medalla conmemorativa do 75 aniversario da American Numismatic Association, deseñada por Frank Gasparro e cuñada na Ceca de Filadelfia en 1966.

Vida persoal Jerrems casou o 21 de xaneiro de 1891 con Frances Lee Hinkley (1870-1953), con quen tivo un fillo. Logo do divorcio da súa primeira esposa, o 21 de abril de 1897 casou en segundas nupcias con Genevieve Byford (1877-1945), con quen tivo dous fillos e dúas fillas, e o matrimonio acabou nun novo divorcio en 1910. Finalmente, casou unha terceira vez, con Anna Phillips Stapler (1883-1953), arredor de 1913.

William G, Jerrems finou na súa residencia de Kansas City, Missouri, o 16 de febreiro de 1945, aos 76 anos, e foi cremado no cemiterio Elmwood, desa cidade.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Smith, P. (2025-a-). "Jerrems, William G(eorge) Jr". En American Numismatic Biographies. Páxina 231. Smith, P. (2025-b-). "William George Jerrems, Jr. (1869-1945)". En The E-Sylum. Vol. 28. Nº 4. 2025.

Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Nados en Sidney Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia australiana Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes