A arcanita é un mineral da clase dos sulfatos. Deulle ese nome Wilhelm Carl von Haidinger en 1845, que provén do latín arcanum duplicatum, que significa "segredo dobre", un nome alquímico medieval.

Características Quimicamente, a arcanita é sulfato de potasio, coa fórmula química K₂SO₄. Cristaliza no sistema ortorrómbico. Forma cristais pseudohexagonais aplanados de até 1 cm de tamaño, aínda que normalmente encóntrase en forma de costras e revestimentos. A súa dureza na escala de Mohs é de 2. Forma unha serie de solucións sólidas coa mascagnita.

Segundo a clasificación de Nickel-Strunz, a arcanita pertence a "07.AD - Sulfatos (selenatos, etc.) sen anións adicionais, sen H₂O, con só catións grandes" xunto cos seguintes minerais: mascagnita, mercalita, misenita, letovicita, glauberita, anhidrita, anglesita, barita, celestina, olsacherita, calistroncita e palmierita.

Formación e depósitos Atópase en rochas alteradas hidrotermicamente en campos xeotérmicos, como ocorre no Lacio en Italia, e como derivado do guano de aves nas illas, como nas illas Chincha do Perú, e do guano de morcego nas covas, como en Australia Occidental, Suráfrica e Namibia.

Adoita atoparse asociado con outros minerais como a sinxenita, a swaknoíta, a mundrabililaíta ou a dittmarita. Foi descuberto en 1845 na mina de Santa Ana, no condado de Orange (California, Estados Unidos).

Notas

Categoría:Minerais