Rihards Rudzītis, ás veces anglificado como Richard Rudzitis, nado na aldea de Melluzi (Letonia) o 19 de febreiro de 1898, e finado en Riga o 5 de novembro de 1960 foi un poeta, académico, filósofo especializado en teosofía, bibliotecario e tradutor letón, coñecido polas súa especialización na cultura oriental e como ensaista centrado no papel crucial da nai, o espiritual e o feminino.

Rudzītis publicou 15 artigos sobre Tagore, traducións de 133 dos seus poemas, cinco dramas e varias obras filosóficas. Traduciu o Bhagavad Gita, os Upanishads, a Vivekananda, a Saadi, a Rumi e poetas europeos. En 1927 publicou unha colección de traducións de poemas da Grecia antiga titulado "Melodías das Abellas". Escribiu artigos sobre a cultura grega, a India, Mahatma Gandhi e sobre o estudoso indio Jagadish Bose.

Obra

Rudzītis foi contratado en 1930 para colaborar coa Sociedade Roerich de Letonia para traducir os libros de texto do mesmo Roerich titulados Ética Viva do ruso ao letón, naquel entón "produciuse un rápido achegamento ao mundo espiritual de Nicholas Roerich". O poeta converteuse nun dos membros máis activos da sociedade: "Estableceuse unha amizade sincera entre Rihards Rudzītis e os Roerich. Ao longo dos anos, enviáronse, entre o poeta e a familia, preto de 400 cartas de membros cercanos a Nikolai Roerich e da súa secretaria - un material rico para as biografías de Nicholas, Helena e os seus fillos Svyatoslav e George e para a historia da Sociedade de Amigos do Museo Roerich".https://www.fwls.org/uploads/soft/210602/10481-210602160933.pdf The Presence of Western Esotericism in Latvian Literature

As teses da Agni Ioga/Ética Viva gañaron sona nos círculos culturais letóns cando a Sociedade cultural Roerich foi dirixida (1936-1940) por Rudzītis, que ascendeu naquel período de colaborador a director. O propio Roerich declarou que as súas ensinanzas foran recibidas do Mestre ou Mahatma, a quen Rudzītis chamaba o Mestre e a quen dedicou un poema, Meistara dārza ziedi (Flores no Xardín do Mestre). O título é unha reformulación de Listy sada Morii (As Follas do Xardín de Morya), que é o título da colección de poemas de Roerich.

Segundo as ideas de Roerich, a fonte de todo é a Orixe Divina (Consciencia Suprema, Consciencia Cósmica), da que emanan miles de millóns das chamadas mónadas. Ao arraigaren na materia, primeiro en forma mineral, logo vexetal e animal, estas mónadas chegan á persoa ao nivel da consciencia, e deste xeito o Universo camiña cara á perfección. Vestindo esta idea con imaxes poéticas, Rudzītis escribiu:

Rudzītis escribiu extensos ensaios sobre o papel crucial da nai e o feminino no futuro do mundo, idea que tomou directamente da doutrina de Roerich sobre o concepto da era da Nai do Mundo. Considerando á Nai do Mundo como a Realidade Suprema, Rudzītis compuxo un poema, A Nai do Mundo. Ao ler as obras de Rudzītis, cómpre ter presente que en 1924, cando Venus, ou o que eles consideraban, a estrela da Nai do Mundo, se achegou brevemente á Terra, Roerich anunciou o comezo da nova era da filla da Gran Nai do Mundo. Nesta era, confióuselle á muller unha misión especial, acelerar a evolución do mundo. Adoptando esta idea, Rudzītis escribiu ensaios sobre o papel crucial da nai no destino futuro do mundo.

Recoñecementos

O 17 de febreiro de 2013, o Museo da Cidade de Jūrmala celebrou o 115 aniversario do nacemento de Rihards Rudzītis.

Notas

Categoría:Filósofos de Letonia Categoría:Poetas de Letonia Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1960