Zhejiang é unha provincia costeira do leste da República Popular da China (en chinés mandarín 浙 江 省; pinyin: Zhèjiāng Shěng, en lingua wu, Tsehkaon). Na provincia fálanse principalmente variedades do grupo wu das linguas chinesas.

Do sur de Zhejiang, especialmente das zonas de Qingtian e Wenzhou, procede a maior parte dos inmigrantes chineses residentes no Estado español (aproximadamente un 70 % en Cataluña) e boa parte dos que se asentaron en Portugal.

A Universidade de Ciencia e Tecnoloxía é un dos centros educativos máis importantes de Zhejiang. Historia

Prehistoria

Na prehistoria, Zhejiang foi un importante foco do Neolítico chinés, con culturas como a de Hemudu e, máis tarde, a de Liangzhu, asociadas ao cultivo temperán do arroz e ao desenvolvemento de formas complexas de organización social.esquerda|miniatura|Museo do pincel de escritura chinesa en Huzhou, unha pequena cidade ao norte da provincia, preto do lago Tai.

Historia Zhejiang foi durante séculos un dos grandes centros culturais e literarios da China, especialmente durante a dinastía Song do Sur, cando Hangzhou se converteu na capital imperial. Durante as dinastías Ming e Qing, a provincia continuou formando parte do núcleo cultural do baixo delta do Yangtsé (véxase tamén literatura da dinastía Qing)

Durante as dinastías Qin e Han, este territorio estivo baixo o control da China unificada aínda que a zona sur, habitada na súa maioría por membros da etnia Yue, mantivo as súas propias estruturas sociais e políticas.

Durante a dinastía Tang a provincia prosperou e a dinastía Ming fixou os límites actuais da provincia.

Nesta provincia naceron o escritor Lu Xun e o militar Chiang Kai-shek. Xeografía esquerda|miniatura|Pagode Leifeng e lago do Oeste. Situada ao leste da China, limita co mar da China Oriental ao leste, con Fujian ao sur, con Jiangxi ao suroeste, con Anhui ao oeste, con Jiangsu ao norte e con Shanghái ao nordeste. No norte, o río Yangtsé marca o límite da provincia.

Boa parte da provincia está ao sur da baía de Hangzhou, onde se sitúa a súa capital provincial Hangzhou, e é en boa medida montañosa, aínda que o norte forma parte da chaira de inundación do delta do Yangtsé.

A maior cidade por poboación é a capital Hangzhou, seguida por Ningbo e Wenzhou. A cidade máis extensa da provincia é Lishui.

Toponimia e hidronimia O nome Zhèjiāng / Tsehkaon provén dun dos nomes do río Qiantang, o seu principal río. Coñecido como Fuchun no interior e como Qiantang no esteiro de Hangzhou, historicamente era chamado Zhe Jiang, é dicir, "río tortuoso".

Zhejiang estivo historicamente conectada co norte da China a través do Gran Canal da China, que enlazaba o Qiantang con outros grandes ríos chineses, entre eles o Río Amarelo (Huang He) mais este último non discorre polo actual territorio da provincia. Demografía A poboación de Zhejiang medrou con forza nas últimas décadas. No ano 2002 era de 46 millóns de habitantes, poucos anos despois aumentara até os 57 millóns de persoas, situándoa como a décima provincia chinesa e segundo o censo de 2020, Zhejiang tiña xa 64.567.588 habitantes, sendo unha das provincias máis densamente poboadas.

Notas

Véxase tamén

Chineses en España Chineses en Portugal Provincias da China

Categoría:Provincias da China