No concello de Vigo operan máis de 200 asociacións e entidades deportivas que, en colaboración coa Concellería de Deportes, traballan para dinamizar, fomentar e promover a práctica de actividades físico-deportivas.

No 2010, a cidade foi distinguida co Premio do Consello Superior de Deportes (CSD), no marco dos Premios Nacionais do Deporte, como recoñecemento ás iniciativas impulsadas para o fomento do deporte.

Fútbol

Celta de Vigo miniatura|Encontro entre As Celtas e o Olímpico de León, correspondente á xornada 15 da Segunda Federación, tempada 2025-26, e disputado o 17 de xaneiro de 2026, no campo municipal da Madroa. O club máis representativo da cidade é o Real Club Celta de Vigo, fundado en 1923 a partir da fusión do Real Vigo Sporting e a Real Fortuna, que ata entón rivalizaban pola hexemonía do fútbol galego e alternábanse na conquista dos campionatos rexionais; o Vigo Sporting chegou mesmo a proclamarse subcampión de España en 1908. O Celta é o club galego con máis tempadas en Primeira División. Entre os seus principais logros figuran tres subcampionatos da Copa de España (1948, 1994 e 2001) e a súa participación en competicións continentais, sendo o primeiro club galego en disputar torneos europeos, ao debutar na Copa da UEFA en 1971 e conquistar a Copa Intertoto en 2000. O equipo compite na Primeira División do fútbol español e ten equipos filial e feminino, o Real Club Celta Fortuna e As Celtas, respectivamente.

Coruxo dereita|miniatura|Coruxo FC, 2023-24. O segundo club en importancia en Vigo é o Coruxo, club de fútbol da parroquia homónima. Fundado orixinalmente en 1930 e refundado en 1946, compite na Segunda División RFEF, a cuarta categoría do fútbol nacional. Xoga os seus partidos como local no Campo do Vao, con capacidade para 1 500 espectadores. Competiu durante 11 temporadas na Segunda División B, e é o club 116º na clasificación histórica.

Rápido de Bouzas Fundado en 1914, é o cuarto equipo de fútbol máis antigo de Galicia, só por detrás do Deportivo da Coruña, do Unión Campestre de Montrove e do Deportivo Coia. O club acadou o seu cumio deportivo entre 2017 e 2019, cando militou durante dúas tempadas na Segunda División B, terceira categoría do fútbol español.

No equipo militaron xogadores destacados como Pahiño, quen xogou coa selección española e foi dúas veces Pichichi, Manolo Tomé, que chegou gañar unha liga co Fútbol Club Barcelona, ou Iago Aspas.

Gran Peña O Gran Peña é o cuarto club en importancia vigués. Con máis de corenta tempadas na Terceira División, o Gran Peña fundouse en 1926 na parroquia viguesa de Lavadores. Entre os anos 2021 e 2023 funcionou como terceiro filial do Celta de Vigo, baixo a denominación de Celta C-Gran Peña.

En 1958 proclamouse por primeira vez campión da Copa Galicia de fútbol ao derrotar o Lugo en tres partidos. En 1981 eliminou o Racing de Santander na segunda eliminatoria da Copa do Rei, nos penaltis, e logo de empatar a cero goles tanto no Sardinero como en Balaídos. Despois caería eliminado polo Elx.

Outros equipos Outros equipos de fútbol da cidade son:

CD Valladares Club Polideportivo Alertanavia Racing Castrelos Atlántida Matamá UVCD Candeán Club Deportivo Teis CD Areosa, da parroquia de Comesaña. Balaídos CF Asociación Deportiva Lavadores CF San Miguel Club de Fútbol Club Colegio Hogar San Roque CD A Guía Cabral FC CD Nieto SDRC San Esteban CD Coia Atlético Huracán de Zamáns Club Peñasco Unión Deportiva Santa Mariña SCD Arenas de Alcabre Rápido de Pereiró

Baloncesto miniatura|Partido do Celta Feminino fronte ao Ensino Lugo en 2025. O máximo representante do baloncesto vigués é o Celta Baloncesto feminino, que posúe 5 títulos do Campionato de Liga (e tamén 6 subcampionatos) e 4 da Copa da Raíña. O club foi fundado no verán de 1996 logo da adquisición da praza do Juventud Astur (Aucalsa) de Oviedo. Xa no ano da súa fundación o equipo conseguiu o seu primeiro título nacional, a Copa Galicia.

Outros clubs de baloncesto da cidadade son: Club Baloncesto Salesianos Club Baloncesto Seis do Nadal Basquet Rías Baixas Asociación Deportiva Basketgal Club Baloncesto San Xosé da Guía Club Baloncesto Andersen Club Baloncesto Rodaballo Club Baloncesto Xestas Club Deportivo Vigo Basket Club Novobasket Vigo

Balonmán O club máis laureado de balonmán vigués foi a Sociedade Deportiva Octavio, que chegou a competir varias temporadas na Liga ASOBAL. Porén, foi disolto no ano 2019 logo de varios anos de perda de equipos federados, por mor de problemas económicos.

Outros equipos de balonmán da cidade son: Unión Balonmán Lavadores Club Balonmán Reconquista de Vigo Club Balonmán Seis do Nadal Coia Club Balonmán AD Galicia Social

Deportes náuticos Remo, piragüismo e vela Real Club Náutico de Vigo Club de Remo Coruxo Club de Remo Virxe da Guía Club Remeiros de Vigo Club Marítimo de Vigo, en piragüismo, traineras e vela. Club Marítimo de Canido, en vela. Liceo Marítimo de Bouzas, en vela Caiac Bouzas, en piragüismo.

Natación, waterpolo e natación sincronizada Real Club Náutico de Vigo, en natación, waterpolo e natación artística. Club Natación Traviesas

Surf Prado Surf Club

Deportes urbanos

Atletismo Club Deportivo Delikia Club Triatlón Mar de Vigo Comesaña Sporting Club, en atletismo. CSCR Beade SD Atletismo San Miguel de Oia Agrupación Viguesa de Atletismo

Deportes de loita SD Club Marcote, en Kung Fu.

Motor

Outros deportes de equipo En fútbol sala: Anpabal FS CD Mosteiro de Bembrive FS CD AVCR San Mamede Zamáns CD A Paz FS Club Apóstol Santiago Club Cios Vigo Club Maristas El Pilar Club Unión FS Treboada FS San Salvador

En voleibol: Club Vigo Voleibol Club Deportivo Xuvenil Teis

En hockey a patíns: Vigo Stick C.H.

En fútbol gaélico: Keltoi Vigo GAC Lavandeiras de San Simón FG Estibadores Fútbol Gaélico Vigo

En rugby:

Vigo Rugby Club

En voleibol praia:

Club Volei Praia Vigo

Instalacións deportivas en Vigo

Notas