Roma é un distrito sueco do concello de Gotland. O distrito atópase no centro da illa de Gotland e no ano 2024 tiña 981 habitantes. Estableceuse no ano 2016 e ten a mesma extensión que o socken de Roma.

As ruínas da abadía cisterciense de Roma e o Roma kungsgård, unha antiga casa señorial de propiedade real, así como parte da localidade de Roma e a aldea de Roma kyrby, onde se atopa a igrexa medieval de Roma, están situados no distrito.

Xeografía O distrito de Roma ten unha superficie de case 23 km² e atópase no centro de Gotland, a uns 15 km ao sueste de Visby. esquerda|miniatura|Gothemsån atravesando a zona da antiga turbeira de Romamyr Roma atópase no centro da principal conca fluvial de Gotland, a conca do Gothemsån. O río atravesa o sueste do distrito e xusto no límite co distrito de Dalhem únese a un afluente que flúe dende o norte e o leste de Roma.Boken om Roma I, 2020, p.8

No presente a meirande parte da súa superficie está ocupada por terras de cultivo con algunhas zonas boscosas, principalmente bosques de coníferas no leste e no oeste, con algunhas áreas pequenas de bosque mixto e de coníferas no centro.Boken om Roma I, 2020, p.11 Entre os anos 1924 e 1946 drenáronse as distintas turbeiras e humedais da zona, destacando o Romamyr no leste e o de Stormyr no sur.

Historia Durante o século IX estableceuse no chamado Guldåkern (o campo de ouro), ao norte da abadía de Roma e ao oeste da turbeira de Romamyr, o Gutnaltinget, a máxima unidade xudicial e de toma de decisións dos gutos.Boken om Roma I, 2020, p.38

No século XI constrúese a primeira igrexa do lugar. Segundo o cronista Hans Nilssøn Strelow consagrouse unha igrexa en Roma en 1086. Esta sería unha estrutura de madeira onde se atopa a presente igrexa da que non se atoparon ningúns restos.Boken om Roma I, 2020, p.121

En 1164, monxes cistercienses da abadía de Nydala, en Småland, fundaron no lugar onde se atopaba o Gutnaltinget a abadía de Roma, coñecida na idade media como abadía de Santa María de Gutnalia.

Notas

Bibliografía

Categoría:Distritos de Suecia