O Caudal Fest é un festival de música celebrado anualmente en Lugo. Foi celebrado por primeira vez en 2018 nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos, cubrindo unha parte do parque contiguo situado xunto ao río Miño, sendo esta localización do evento nas sucesivas edicións.
O evento contou co apoio do goberno local de Lugo, a deputación da provincia homónima e a Xunta de Galicia, así como de entidades privadas como o grupo cervexeiro Estrella Galicia ou Repsol. A organización comezou a empregar o cancelo “a última gran festa do verán”, xa que se adoita celebrar a finais de setembro.
En 2024, afirmouse que chegaría a ter máis de 40 mil asistente entre os dous días.
Artistas No festival participaron artistas de estilos diferentes, aínda que na súa gran maioría viran ao redor da órbita do xénero indie. Algún destes artistas son Amaral, Leiva, Viva Suecia, Arde Bogotá, IZAL, Estopa, Carolina Durante, Vetusta Morla, Novedades Carminha, M-Clan, Love of Lesbian, Ladilla Rusa, Robe, Cariño, Cupido, Delaossa, La La Love You, Miss Caffeina, Carlangas y los Cubatas, Ginebras, Nil Moliner ou Karavana. Tamén artistas máis distantes do xénero como Nathy Peluso ou Morad. Notas
Véxase tamén Outros artigos O Son do Camiño Resurrection Fest
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Festivais de música en Galicia Categoría:Lugo Categoría:Lugo sen imaxes