Giosuè Edoard Sangiovanni, nado en Laurino (Reino de Nápoles) o 15 de xaneiro de 1775 e finado en Posillipo o 17 de maio de 1849, foi un zoólogo e político italiano, primeiro profesor de anatomía comparada de Italia e un expoñente inicial da idea da evolución.Obituary, in Rendiconto delle adunanze e de' lavori della Reale Accademia delle Scienze di Napoli, 1849:113-114. Educouse en filosofía e matemáticas e fixo estudos médicos no Ospedale degli Incurabili de Nápoles. Como patriota participa na República Napolitana (ou Partenopea) en 1799 e en 1821 e 1848 foi deputado no Parlamento Napolitano.

Traxectoria En 1799, co estoupido da Revolución Napolitana, prestou servizo como médico no exército da República Napolitana. Coa caída de dita República napoleónica de 1799, foi encarcerado por un ano e despois obrigado a exiliarse en París. Alí, durante o Imperio napoleónico foi pupilo do prominente zoólogo francés Jean-Baptiste de Lamarck.Sangiovanni no seu terceiro ano con Lamarck, está entre os 25 nomes do Registre d’inscription au cours de Lamarck pour 1807 /

Sangiovanni apoiaba as ideas evolutivas de Lamarck e Erasmus Darwin. Conseguiu unha copia do libro de Zoonomia e dise que camiñaba por París durante semanas con el no peto.Corsi, Pietro. (2005). Before Darwin: Transformist Concepts in European Natural History. Journal of the History of Biology 38: 67-83.

Chamado a Nápoles en 1806, e na reorganización da Universidade de Nápoles foi o primeiro catedrático de anatomía comparada na facultade de ciencias naturais.

Retomou a actividade política en 1820 cando Fernando I de Borbón se viu obrigado a conceder a Constitución, e Sangiovanni foi elixido membro do novo Parlamento Napolitano. Despois da Reacción e a abolición da Constitución superou indemne as investigacións e exames sobre o seu papel como deputado, pero aboliuse a súa cátedra e foi nomeado profesor de Zooloxía Descritiva e director do Museo Zoolóxico de Nápoles, instituído por el.

En 1848 estoupou a revolta de Cilento que se espalla por todo o reino e Fernando II concedeu de novo a Constitución. Sangiovanni, aos seus 74 anos, foi elixido membro do novo Parlamento.

Morreu enfermo dun tumor estomacal retirado en Posillipo preto de Nápoles en 1849.

Recoñecementos

Sangiovanni foi nomeado cabaleiro da Lexión de Honor.

Notas

Véxae tamén Ligazóns externas Necrologio, Rendiconto delle adunanze e de' lavori della Reale Accademia delle Scienze di Napoli, 1849 (pp. 113–114) In memoriam, Rendiconto della adunanze e de'lavori della Reale accademia delle scienze di Napoli, Volumi 8-9, 1849 (pp. 187–191)

Categoría:Nados en 1775 Categoría:Finados en 1849 Categoría:Zoólogos de Italia Categoría:Nados na provincia de Salerno