As proteínas B7 son unha familia de proteínas integrais de membrana que se encontran en células presentadoras de antíxenos activadas que, cando se emparellan cunha proteína CD28 ou CD152 (CTLA-4) da superficie das células T, poden producir un sinal coestimulatorio ou un sinal coinhibitorio para aumentar ou diminuír, respectivamente, a actividade dun sinal do MHC-TCR entre a célula presentadora de antíxenos e a célula T. A unión da B7 da célula presentadora de antíxenos á molécula CTLA-4 das células T causa a inhibición da actividade das células T.Collins M, Ling V, Carreno BM. The B7 family of immune-regulatory ligands. Genome Biol. 2005;6(6):223. doi: 10.1186/gb-2005-6-6-223. Epub 31 de maio de 2005. PMID: 15960813; PMCID: PMC1175965. En consecuencia, a familia de proteínas B7 xoga un papel central en modular respostas inmunes, actuando tanto de aceleradores coma de freos no sistema inmunitario.Pati P, Uversky VN. B7 family of proteins in the norm and pathology: An intrinsic disorder angle. Comput Biol Chem. Decembro de 2025. 12;121:108845. doi: 10.1016/j.compbiolchem.2025.108845. PMID: 41391261.
As dúas proteínas B7 máis importantes son: B7-1 ou CD80, e B7-2 ou CD86. Non se sabe se difiren significativamente. Ata agora o CD80 atopouse en células dendríticas, macrófagos e células B activadas, mentres que CD86 (B7-2) se atopa en células B. As proteínas CD28 e CTLA-4 (CD152) interaccionan cada unha con B7-1 e B7-2. A familia B7 divídese en tres clases: clase I (B7-1, B7-2 e B7-H2), clase II (B7-H1 (PD-L1) e B7-DC (PD-L2)) e clase III (B7-H3, B7-H4 e B7-H7).Qin Ye, Jiayang Liu, Ke Xie. B7 Family Proteins in Cancer Progression: Immunological and Non-Immunological Functions. Journal of Cancer Treatment and Diagnosis. 9 de setembro de 2019.
Membros da familia 325px|miniatura|Interaccións de unión. Á parte de B7-1 e B7-2, hai outras proteínas situadas na familia de B7, que se resumen na seguinte táboa:
Nome Nomes alternativos Únese a B7-1 CD80 CD28, CTLA-4, PD-L1 B7-2 CD86 CD28, CTLA-4 B7-DC PDCD1LG2, PD-L2, CD273 PD-1 B7-H1 PD-L1, CD274 PD-1 B7-H2 ICOSLG, B7RP1, CD275 ICOS B7-H3 CD276 B7-H4 VTCN1 B7-H5 VISTA, Receptor de laquetas Gi24, SISP1 B7-H6 NCR3LG1 NKp30 B7-H7 HHLA2 CD28H
Notas
Categoría:Proteínas periféricas de membrana