é o nome conxunto das dinastías Xia, Shang e Zhou da China antiga.

Orixe do termo Este termo aparece por primeira vez durante o período de Primaveras e Outonos, no Lunyu de Confucio: "as tres dinastías seguiron o camiño da rectitude". Até o período dos Reinos Combatentes, sandai facía referencia só ás dinastías Xia, Shang e Zhou occidental; porén, a partir dos Qin empezouse a incluír tamén aos Zhou do leste. A súa orixe está nos comezos da dinastía Zhou, cando se usaba a expresión para falar dos reinos anteriores de Xia e Shang.

Relación co confucianismo Os pensadores confucianos adoitaban gabar ás tres dinastías. En especial, Confucio loou á dinastía Zhou occidental, á que menciona con frecuencia no seu Lunyu. Por exemplo, afirmou que "os Yin seguiron os ritos dos Xia (...) os Zhou seguiron os dos Xia". Segundo os ditos de Confucio, as tres dinastías foron unha era dourada; así quedou reflectido no Liji ou Libro dos ritos: "endexamais vin a gran vía na práctica, nin ós heroes das tres dinastías, mais vivo en harmonía cos seus principios".

O intelectual neoconfuciano Zhu Xi, da dinastía Song, tamén tiña como modelo aos monarcas das tres dinastías: "ser honesto e obedecer as regras da natureza, acomodarse un mesmo ao mundo, esa é a vía dos reis".

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Confucianismo Categoría:Historia da China