Juan Armesto Salgado, nado no Viso (Santo André de Penosiños, Ramirás) o 25 de maio de 1889, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Foi nomeado mestre interino de Cartelle en decembro de 1914,La Región, 9-1-1915, p. 1. de Cortegada (Sarreaus) en outubro de 1919,La Región, 11-10-1919, p. 1. e de Rairo en marzo de 1920.La Región, 9-3-1920, p. 1. Foi nomeado mestre propietario de Carelle Grande (Muras) en decembro de 1920,BOP Lugo, 20-12-1920, p. 1. despois foi mestre de Cristosende (A Teixeira) e Pontedeva, en 1928 trasladouse a Cuíñas (A Fonsagrada) e en 1933 pasou a Ventosela (Redondela). Permutou a súa praza para Moura (Nogueira de Ramuín) en maio de 1935.La Región, 18-5-1935, p. 2.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na prisión de Ourense o 27 de xullo.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 695 Procesado por insultos ao Exército, foi destituído como mestre o 17 de agosto.El Pueblo Gallego, 18-8-1936, p. 10.La Región, 4-9-1936, p. 2. Foi xulgado en consello de guerra o 23 de outubro por inxurias por escrito ao Exército na causa 158/36,La Región, 23-10-1936, p. 4. e condenado a seis anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Central de Burgos dende xaneiro de 1937, Valladolid dende novembro de 1938, e finalmente na Prisión provincial de Ourense dende xullo de 1939, de onde saíu en liberdade provisional o 17 de marzo de 1940.BOE, 19-3-1940, p. 1918. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938. No proceso de depuración foi sancionado coa separación definitiva do servizo e baixa na escala en maio de 1940.La Región, 8-5-1940, p. 4. Solicitou a revisión do seu expediente de depuración en xaneiro de 1941.La Región, 9-1-1941, p. 2. Revisado finalmente o seu expediente, en decembro de 1952, foi sancionado con postergación durante cinco anos, traslado fóra da provincia durante cinco anos e inhabilitación para cargos directivos e de confianza.BOE, 11-1-1953, p. 185. Foi nomeado mestre de Mugares (Toén) en febreiro do ano seguinte.La Región, 25-2-1953, p. 4.
Vida persoal
Casou con Manuela Sendín Antonio.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Expediente persoal do recluso Juan Armesto Salgado
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ramirás Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en ano descoñecido