Iker Punzano García, nado o 29 de xullo de 2004 en Onda (Castelló), é un futbolista valenciano que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Ourense Club de Fútbol, cedido polo Villarreal Club de Fútbol B.

Traxectoria Formouse como xogador nas estruturas de base do Benicarló FB, do Villarreal CF e do Levante UD. En 2022 incorporouse ás categorías inferiores do Club Deportivo Castellón. A súa estrea co CD Castellón B tivo lugar o 24 de setembro de 2023, entrando como substituto nun partido de Terceira Federación contra o CD Roda. En outubro de 2023 debutou co primeiro equipo nun encontro contra o Cacereño na Copa do Rei 2023/24.

Punzano xogou un total de catro partidos co CD Castellón na Primeira Federación 2023/24, alcanzando o ascenso á Segunda División xunto con este equipo. O 22 de decembro de 2024 estreouse no fútbol profesional como substituto de Brian Cipenga nun partido contra o Elche Club de Fútbol.

O 19 de xuño de 2025, Punzano asinou polo Villarreal Club de Fútbol B para competir novamente na Primeira Federación. En agosto dese mesmo ano foi cedido a outro equipo da mesma categoría, o Ourense Club de Fútbol.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Iker Punzano en BDFutbol Iker Punzano en LaPreferente.com Iker Punzano en Soccerway

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Onda Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Xogadores do CD Castellón B Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Ourense CF Categoría:Centrocampistas de fútbol