Lúa Arufe Calo, nada no Porto do Son o 6 de setembro de 2008, é unha futbolista galega. Xoga como dianteira no FC Barcelona Feminino B desde a tempada 2024-25. Traxectoria Comezou xogando nas categorías inferiores do Porto do Son, en 2020 pasou ás do Noia CF e en 2021 ao Victoria FC, primeiro ao filial e en 2023 ao primeiro equipo. Forma parte do filial desde a tempada 2024-25, se ben se tramitou a inscrición co FC Barcelona C per non ter 16 anos. Iniciou a tempada 2025-26 como xogadora do filial e debutou co primeiro equipo o 17 de decembro de 2025 en partido da Liga de Campións Feminina.
Coa selección española sub-17 proclamouse campioa de Europa no torneo xogado en Suecia en 2024, onde meteu tres goles. Tamén xogou o torneo de 2025, que tivo lugar nas Illas Feroe, e mais o mundial sub-17 de Marrocos 2025. Coa selección galega sub-15 proclamouse subcampioa de España.
Notas
Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Futbolistas de Galicia Categoría:Nados en 2008 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Dianteiros de fútbol