O naturocentrismo engloba a todas aquelas posicións que consideran que as entidadses moralmente considerbles son aquelas cuxa existencia deuse por causas naturais. Estas perspectivas danlle un valor especial á conservación intacta das paixases naturais precisamente por atoparse en estado salvaxe. Isto é, porque a súa orixe non foi provocada pola acción humana. Para estas posicións, a restauración de ecosistemas previamente destruídos non lles restituiría ningún valor, xa que tales ecosistemas terían perdido o seu valor pola acción humana, o que máis acción humana non repararía.
Criticismo Problemas de definición: Esta obxección consistiría en que os seres humanos interactúan todo o tempo co resto do mundo, de formas moi diversas. Por este mesmo motivo, a fronteira entre o artificial e onatural non é clara, xa que accións realizadas por seres humanos nunha parte do mundo poden afectar a paixases da outra punta do planeta. Ademais, en moitos casos, os seres humanos foron os que causaron no pasado a existencia de certas paixases que hoxe podemos confundir por naturais. Esta obxección mostra que as intuicións de quen aceptan o naturocentrismo poderían ser erradas. Porén, se esta obxección non tivese éxito, poderíase negar a idea de que aínda queden paisaxes verdadeiramente naturais nun sentido puro. Natural non significa positivo: Por outra parte, podería apuntarse ao feito de que non hai en si razóns para considerar que o natural ten un valor especial, xa que hai cousas naturais claramente negativas. Algúns exemplos disto serían as enfermidades, a dor, as emocións desagradables, a fame, as sensacións desagradables ou a morte. Do mesmo modo, cousas artificiais coma a medicina, os libros ou a roupa poden ser moi positivas. Podería indicarse, aínda así, que o valor positivo ou negativo que terían estas cousas sería soamente instrumental, mentres que o naturocentrismo apela ao valor en si mesmo das entidades que teñen unha orixe natural. Con todo, se o naturocentrismo fose correcto, parece que habería ao menos un certo aspecto no que as cousas de orixe natural serían positivas, o que parece contraintuitivo no caso de cousas como as arriba listadas. O naturocentrismo evitaría esta obxeción se se restrinxe unicamente ao valor dos ecosistemas ou paixases naturais proporcionado pola súa orixe natural e non a outra cousas naturais. O rechazo da idea de que a orixe natural determine o valor: Por último, a obxección fundamental que se podería facer a esta posición consistiria simplemente en que a propia idea de que a orixe natural de algo dotaría a ese algo de valor sería cuestionable, xa que a forma na que unha entidade chegou a ser o que é actualmente non ten porque ser relevante de cara ao valor que esta entidade ten.
Categoría:Bioética