Antonio Quintáns Romero, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 5 de xullo de 1909 e finado en Gusen (Austria) o 19 de marzo de 1942, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis.
Traxectoria Afiliado á CNT, estaba casado e con residencia en Barcelona. Estaba embarcado cando se declarou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, encontrándose en Francia cando estalou a guerra civil española.
Foi capturado polo exército alemán trala caída de Francia na segunda guerra mundial e recluído primeiro no Stalag VIII-C, en Zagan (Polonia) e despois foi enviado ó Stalag XII-D, en Trier (Alemaña). Deportado ó campo de concentración de Mauthausen, onde ingresou o 25 de xaneiro de 1941 co número de matrícula 4 011, e trasladado o 8 de abril de 1941 ó campo de concentración de Gusen co número de matrícula 12 073, onde pereceu o 19 de marzo de 1942.
Vida persoal Casou con Aurora Gorgoles.
Recoñecementos O Concello de Vilagarcía de Arousa colocou no ano 2026 un Stolperstein na súa memoria na praza da Liberdade, no Carril.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Galegos de Cataluña