Sabela Martínez Eiriz, coñecida como Sabela Eiriz, nada en Lugo en 1991, é unha artista multidisciplinar, cineasta, fotógrafa e profesora galega.
Traxectoria
Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela en 2013, ten mestrados de Fotografía e Deseño (Elisava), Estudos Comparados de Literatura, Arte e Pensamento (Universidade Pompeu Fabra) e Profesorado de Artes Visuais (Universidade da Coruña). É doutora en Artes e Educación pola Universidade de Granada. É profesora e investigadora na Área de Didáctica da expresión plástica da UDC e forma parte do grupo de investigación Arte-Facto. Compaxina a docencia co seu traballo como fotógrafa.
Como artista, abarca diversas disciplinas: comezou polo teatro ata chegar ao eido audiovisual e fotográfico. A súa obra combina unha perspectiva conceptual e contemplativa, onde a experiencia e o pensamento se entrelazan. Traballa sobre a memoria, a identidade, os vínculos persoais e a relación coa imaxes. Ten participado en exposicións, residencias artísticas e proxeccións audiovisuais. A súa obra atópase en coleccións como a Fundació Vila Casas e a Rede Museística Provincial de Lugo. O seu traballo cinematográfico foi exhibido en festivais como L'Alternativa, Cineuropa, Curtocircuíto (Mención Especial Galicia 2024) ou Intersección (Premio Contemporánea 2024).
Exposicións Cuando esta fotografía hable, 2024. Espacio Peculiar, Oleiros. Comisariada por Pilar Romero Cajigal. distinta, pero a mesma, 2024. Instalación no CAM de Lugo. memorabilia, 2024. Sarao Gallery, Ferrol. un lugar desprazado coma o meu corpo, 2024. Galería Néboa, Lugo. A táctica do colibrí, 2024. Fundación Luis Seoane, A Coruña. Colectiva. Comisariada por José María Mesías Lema
Sobre los mismos pasos, 2018. Espais Volart Fundació Vila Casas, Barcelona. Comisariada por Glòria Bosch e Natàlia Chocarro.
Filmografía
a fotografía velada é espazo para unha proposta de memoria, 2024. Mención especial Galicia en Curtocircuíto e Premio Contemporánea en Intersección Festival Internacional de Cinema da Coruña. eu non quero ser triste, 2023. Premio do público en MARXE II Certame Internacional de Videopoesía. nana, 2022. veo veo, 2021. Premio ExAequo Xurado Xove en Intersección Festival de Arte Audiovisual.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial
Ficha na UdC "A mirada no lugar compartido". Entrevista en VINTE.gal
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade da Coruña
Categoría:Fotógrafos de Galicia
Categoría:Personalidades do audiovisual galego
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1991