Diego Hernández Barriuso, máis coñecido como Barri, nado en Salamanca o 19 de setembro de 1995, é un futbolista español que xoga no Castellón. Xoga principalmente como centrocampista, pero tamén pode xogar de lateral dereito.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do CD Navega, a UD Salamanca e a AD Unión Adarve. Na tempada 2014/15 debutou co filial do RSD Alcalá e nos seguintes anos pasou polo Los Yébenes e o Móstoles URJC.
En xuño de 2017 fichou polo Getafe B e o 21 de abril do ano seguinte debutou co primeiro equipo na Primeira División, substituíndo a Sergio Mora nunha vitoria por 1-0 ante o Eibar. Durante as seguintes campañas xogou no Albacete, da Segunda División, o Badajoz, de Segunda B, e o Celta de Vigo B, tamén na terceira categoría.
En xaneiro de 2022 fichou polo NK Osijek da liga croata. Regresou a España en xuño de 2023, fichando pola Cultural Leonesa, da Primeira Federación, coa que logrou o ascenso a Segunda na campaña 2024/25.
O 2 de xullo de 2025 asinou un contrato de dous anos co Castellón, tamén de Segunda.
Notas
Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Nados en 1995 Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do NK Osijek Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Getafe CF