William Bain Murray (tamén coñecido como Bill Murray), nado en Harvard, Illinois, o 13 de novembro de 1919 e finado en San Antonio, Texas, o 16 de novembro de 2015, foi un militar, escritor e numismático estadounidense.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Bill Murray naceu en Harvard, Illinois, o 13 de novembro de 1919,Smith, P. (2025). o máis novo dos catro fillos de Edith Catherine Ross (1878-1926) e de Thomas Henry Murray (1876-1951)."Col. William Bain Murray". Familysearch.org
Logo da súa graduación en educación secundaria, en 1959 acadou o título de Bachelor of Science na Universidade de California nos Ánxeles.
Carreira militar Entre 1941 e 1972, Murray serviu na artillaría de defensa aérea do exército estadounidense. A súa participación en Nova Guinea durante a segunda guerra mundial fíxoo merecedor da Estrela de Bronce tres veces e da Lexión do Mérito dúas veces. Xubilouse das Forzas Armadas co rango de coronel, en 1972.Starck, J. (2016).
Coleccionista e autor numismático Durante moito tempo foi coleccionista de moedas e medallas de diversas temáticas.
No ámbito asociativo, Murray pertenceu a varias entidades e sociedades eruditas. Entre outras, foi presidente da Asociación Numismática do Val de Arcansas e da Sociedade Numismática de Arcansas, e formou parte da xunta directiva do Numismatic Literary Guild (NLG), que o galardoou co seu premio Clemy. Na American Numismatic Association (ANA) tivo varias responsabilidades e recibiu tamén dous dos seus premios máis importantes. En 1993 ingresou ademais como membro da American Numismatic Society (ANS).
Como autor de tema numismático, Murray foi o responsable de seccións fixas nas revistas especializadas Numismatic Scrapbook Magazine, entre 1974 e 1976, e Coin World, desde 1976 ata 2010. Igualmente, publicou artigos con regularidade noutras revistas numismáticas como Coins, COINage, Numismatic News e The Numismatist, así como noutras doutros sectores, como Modern Maturity, Army, Rarities, Arkansas Magazine e The Ozark Mountaineer.
Vida persoal Murray casou en 1942 e divorciouse en 1968. O 4 de agosto de 1970 casou en segundas nupcias con Jeanne N. Hershey. Tivo un fillo e dúas fillas: William, Mary e Donna Covey.
William Bain Murray finou en San Antonio, Texas, o 16 de novembro de 2015, aos 96 anos, e foi soterrado no Cemiterio Nacional Fort Sam Houston."Obituary: Col. William Bain Murray II, US Army, Retired". Dignitymemorial.com
Recoñecementos
1991: Medalla ao Mérito da American Numismatic Association (ANA)."Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Asociation (Money.org). 1995: Premio Glenn Smedley Memorial (ANA). 1996: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild (Nlgonline.org).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Smith, P. (2025). "Murray, William Bain "Colonel Bill"". En American Numismatic Biographies. Páxinas 313-314. Starck, J. (2016). "Former Coin World columnist Bill Murray dies". En Coin World. 2 de febreiro de 2016.
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en Illinois Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Coleccionistas Categoría:Alumnos da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Personalidades sen imaxes