LibreWolf é un fork libre e de código aberto do navegador web Firefox, centrado na privacidade e a seguridade. Posúe unha licenza MPL 2.0. Funciona co Open Build Service.
Desenvolvemento LibreWolf publicouse inicialmente para os sistemas operativos Linux o 7 de marzo de 2020. O obxectivo do proxecto era crear unha variante de Firefox orientada cara a privacidade do usuario. Un ano máis tarde saíu unha versión para Windows e, pouco despois, para macOS.
Características LibreWolf carece de telemetría ou actualizacións automáticas, e varias das súas prestacións veñen deshabilitadas por defecto. Por exemplo, Firefox Sync non pode usarse agás activándoo explicitamente na configuración. As cookies da sesión e o historial do usuario elimínanse ao pechar o programa, mais esta opción pode desactivarse. Algunhas páxinas web non son plenamente compatibles con LibreWolf.
A data de 2022, LibreWolf é un dos navegadores con máis protección respecto da privacidade, xunto con Brave e Tor.
Notas
Categoría:Navegadores web