Nancy Folbre, nada o 19 de xullo de 1952, é unha economista feminista estadounidense cuxos estudos centranse na relación entre a economía e a familia (ou economía familiar), o traballo fóra do mercado e a economía de coidado. É Profesora de economía na Universidade de Massachusetts Amherst.

Obra O traballo de Folbre céntrase principalmente na investigación da economía dos coidados, que ela define como "traballo que implica conectar con outras persoas, tentar axudar ás persoas a satisfacer as súas necesidades; cousas como coidar de nenos, anciáns ou enfermos son formas de traballo de coidado", engadindo que o traballo de coidados pode ser remunerado ou non. Folbre argumenta que os economistas convencionais non prestan suficiente atención á economía do coidado.

No seu aclamado libro, The Invisible Heart (O corazón invisible), Folbre explora o mercado e a competencia individual que este fomenta, argumentando que os coidados necesarios para os anciáns e os nenos non os proporciona o mercado, aínda que seguen sendo absolutamente esenciais para a sociedade. Historicamente, as mulleres proporcionaron estes coidados, xa sexa como traballo doméstico non remunerado na casa ou como traballo mal remunerado no mercado. Folbre examina as estruturas sociais e gobernamentais que apoian e proporcionan coidados, e a súa evolución ao longo da historia. Conclúe que todos temos a responsabilidade de coidar dos demais e ofrece unha visión para un futuro no que os coidados e o traballo de coidados teñan maior importancia e apoio. Notas

Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Economistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1952