Octavia Hill, nada o 3 de decembro de 1838 e finada o 13 de agosto de 1912, foi unha reformadora social e pioneira do traballo social británica.
Unha das súas obras máis destacadas foi o Sistema Hill de Vivendas (reforma as grandes casas de Londres, converténdoas en pequenas vivendas para persoas traballadoras).Bastidas Luna, V. L., Holguín Rosero, K. G., & Obando Apraez, C. V. (2020). Octavia Hill y sus aportes en el origen de Trabajo Social en la Inglaterra del siglo XIX. Trabajo social, 22(1), 203-223. Xunto a Jane Addams, e Mary Richmond estableceu os fundamentos epistemolóxicos e prácticos da propia intervención social.Peña, C. B. (2016). Releer la historia: Circulación y rutas de dispersión de los saberes tempranos del Trabajo social. Prospectiva: Revista de Trabajo Social e Intervención Social, (22), 65-91.
Octavia Hill e Henrietta Barnett, protagonistas do Londres do século XIX a quen llas chamou, non sen certo desdén, benefactoras, foron verdadeiras revolucionarias sociais que puxeron a súa capacidade económica, as súas redes sociais e o seu coñecemento para a partir do coñecemento e a confianza mutua mellorar a vida das persoas, a calidade dos barrios e a protección da natureza. Recoñecidas desde o ámbito do traballo social, as súas achegas son aínda pouco valorados e visibilizados no campo da arquitectura e o urbanismo.
Notas
Categoría:Finados en 1912 Categoría:Nados en 1838 Categoría:Filántropos do Reino Unido Categoría:Activistas do Reino Unido