Barry Stuppler, nado o 23 de decembo de 1944, é un numismático e comerciante de moedas estadounidense, que presidiu a American Numismatic Association de 2007 a 2009.Smith, P. (2025).

Traxectoria Barry Stuppler descubriu a súa afección á numismática na súa xuventude, e de camiño se decatou de que a compra e venda de moedas podía supor unha boa rendibilidade."Barry Stuppler". En The Most Influential People in Numismatics. Coin World. 2025. Páxina 108. A partir de entón dedicouse profesionalmente ao comercio numismático e fundou a compañía Barry Stuppler & Company, así como as súas subsidiarias Mint State Gold,Sitio web de Mint State Gold. CoinStatsSitio web de CoinStats. e PQ Approved.https://pqapproved.com/ de PQ Approved.

Como empresario, é membro do Gremio de Numismáticos Profesionais (Professional Numismatists Guild –PNG–) dos Estados Unidos desde 1982, e foi o seu presidente entre 2017 e 2019. Tamén presidiu o Comité de Acción Política para o Ouro e a Prata, formado en 2010,"Gold & Silver Political Action Committee (PAC) Formed to Support Rare Coin & Precious Metal Community". Coinlink.com. 19 de outubro de 2010. e a California Coin & Bullion Association.

Stuppler foi un dos autores da Lei de protección das moedas de colección, aprobada en 2014 co oxectivo de loitar contra a falsificación das moedas de colección no comercio. Tamén foi un dos fundadores do Consello da Industria para os Activos Tanxibles e presidiu a Asociación de Comerciantes de Moedas e Metais Preciosos de California, e pertenceu ao consello de dirección da Fundación Educativa Antifalsificación.

En 2003 foi chamado para formar parte da comisión do Estado de California que contribuíu á creación da serie numismática das moedas dun cuarto de dólar dos 50 estados."ANA Board Member Barry Stuppler Joins Search for California Quarter Concept". American Numismatic Association (Money.org).

No ámbito asociativo está vinculado á American Numismatic Association (ANA), entidade que presidiu entre 2007 e 2009."ANA Presidents: 1891-Present". American Numismatic Association (Money.org).

En 2024 e en 2025, a revista do sector Coin World incluíu a Barry Stupper na súa listaxe das 100 persoas máis influentes na numismática.

Recoñecementos

2004: Premio Abe Kosoff Founders, do Professional Numismatists Guild."Official Awards Given by the PNG". Pngdealers.org 2004: Premio Century Club, da American Numismatic Association (ANA)."Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Asociation (Money.org). 2011: Premio ao Servizo Exemplar, da ANA.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Smith, P. (2025). "Stuppler, Barry S.". En American Numismatic Biographies. Páxina 256.

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América