Armia (en ) é unha banda polaca de punk rock creada en 1985 por Tomasz Budzyński, Sławomir Gołaszewski e Robert Brylewski. Armia é recoñecida polo seu uso dunha trompa, un instrumento infrecuente para un grupo do seu xénero, en especial nas décadas de 1980 e 1990. Acadou moita sona polas súas letras poéticas, escritas por Budzyński, adoito inspiradas na filosofía e na literatura, así como pola súa creatividade musical.

As cancións de Armia e a arte dos seus discos acostuman a aludir á filosofía, a literatura e mais á relixión. Na portada do seu LP Legenda (en ) aparece Don Quixote e algunhas das súas letras están inspiradas no gnosticismo. O título do LP Czas i Byt (en ) alude ó célebre tratado homónimo do filósofo alemán Martin Heidegger. Outras fontes de inspiración proceden do eido da ficción, coma J. R. R. Tolkien, a Biblia, a Divina Comedia de Dante, Samuel Beckett, Tove Jansson, o filme Aguirre de Werner Herzog ou Rejs de Mark Piwowski.

Membros

Membros actuais Tomasz "Tom Bombadil, Budzy" Budzyński – voz, guitarra (1984–actualidade) Jakub Bartoszewski – trompa, teclado (2002–actualidade) Rafał "Frantz" Giec – guitarra Amadeusz "Amade" Kaźmierczak – batería (2013–actualidade) Dariusz Budkiewicz - baixo (2014–actualidade)

Antigos membros Sławomir "Merlin" Gołaszewski – clarinete (1984–1987) Tomasz "Żwirek" Żmijewski – baixo (1984–1988) Aleksander "Alik" Dziki – baixo (1985–1989) Krzysztof "Banan" Banasik – trompa (1987–2009) Dariusz "Maleo" Malejonek – baixo (1990–1993) Krzysztof "Dr Kmieta" Kmiecik – baixo (1998–2011) Janusz "Grzmot" Rołt – batería (1984–1986) Piotr "Stopa" Żyżelewicz – batería (1985, 1989–1998, 2011) Beata Polak – batería (1998–2002) Tomasz "Gogo, Szulc" Kożuchowski – batería (1986–1989) Maciej "Ślepy" Głuchowski – batería (2003–2006) Tomasz "Krzyżyk" Krzyżaniak – batería (2006–2011) Robert "Afa, Bryl, Robin Goldrocker" Brylewski – guitarra (1984–1993, died 2018) Paweł "Pablo" Piotrowski – bass guitar (1993–1998, 2011–2014) Michał Grymuza – guitarra (1994–1995) Darek "Popkorn" Popowicz – guitarra (1995–2005) Paweł Klimczak – guitarra (1999–2010) Daniel "Karpiu" Karpiński – batería (2011–2012)

Discografía Discos de estudio Título DatosArmia Lanzamento: 13 de xuño de 1988 Discográfica: Pronit Formatos: CD, LP, CSLegenda Lanzamento: 6 de maio de 1991 Discográfica: Wifon Formatos: CD, LP, CSCzas i byt Lanzamento: 13 de novembro de 1993 Discográfica: SPV Poland Formatos: CD, CSTriodante Lanzamento: 15 de novembro de 1994 Discográfica: S.P. Records Formatos: CD, LP, CSDuch Lanzamento: 24 de novembro de 1997 Discográfica: Ars Mundi Formatos: CD, CSDroga Lanzamento: 13 de setembro de 1999 Discográfica: Ars Mundi Formatos: CD, CSPocałunek mongolskiego księcia Lanzamento: 27 de outubro de 2003 Discográfica: Pomaton EMI Formatos: CD, dixitalUltima Thule Lanzamento: 31 de xaneiro de 2005 Discográfica: Metal Mind Productions Formatos: CDDer Prozess Lanzamento: 28 de xaneiro de 2009 Discográfica: Isound Labels Formatos: CDFreak Lanzamento: 30 de novembro de 2009 Discográfica: Isound Labels Formatos: CDPodróż na Wschód Lanzamento: 27 de novembro de 2012 Discográfica: Isound Labels Formatos: CD

En vivo Título DatosExodus Lanzamento: 1992 Discográfica: Izabelin Studio Formatos: CDSoul Side Story Lanzamento: 5 de outubro de 2000 Discográfica: Ars Mundi Formatos: CDPrzystanek Woodstock 2004 Lanzamento: 11 de xuño de 2007 Discográfica: Złoty Melon Formatos: CDArmia 25-lecie ZespołuXVI Przystanek Woodstock 2010 Lanzamento: 9 de decembro de 2010 Discográfica: Złoty Melon Formatos: CDKoncerty w Trójce vol. 02 - Armia Lanzamento: 8 de abril de 2013 Discográfica: Polskie Radio Formatos: CD

Vídeo Título DatosKoncert na XX-lecie Released: 16 de xaneiro de 2006 Discográfica: Metal Mind Productions Formatos: DVDPrzystanek Woodstock 2004 Released: 11 de xuño de 2007 Discográfica: Złoty Melon Formatos: DVD

Notas

Categoría:Grupos musicais de Polonia