Aguiar é un apelido galego e portugués. En orixe facía referencia ao lugar de residencia ou procedencia da persoa, coincidentes co topónimo Aguiar.

En xaneiro de 2023 existían 2.193 persoas en Galicia co apelido Aguiar, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido Aguiar na web do Instituto Galego de Estatística.

Etimoloxía A súa etimoloxía provén do latín aquilare, traducido como niño da aguia. Este apelido xa se documenta no século XIII, tanto baixo forma latina, nun documento de 1282 (“Johan d’Agiar”), como romance, nun documento procedente do Tombo de Lourenzá datado no ano 1229 (“Roderico Fernandiz de Aquilar”).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de apelidos galegos Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega, 2016.

Categoría:Apelidos galegos Categoría:Apelidos portugueses