Lucía Rodríguez Fernández, nada en Navia de Suarna en 1999, é unha animadora cultural e xornalista galega.

Traxectoria

Graduada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, mestrado de Comunicación Dixital e Novas Tecnoloxías pola Universitat Abat Oliba de Barcelona e outro de Copywriting na Barcelona School of Creativity. Creadora do proxecto de divulgación comarcal O Argueiro dos Ancares. Iniciadora de A. V. Irmandade Naviega, Asociación Ser e A. C. Rente ao Couce. Foi fundadora de O Ferrado. Traballa como copy nunha axencia de publicidade e colabora con iniciativas relacionadas coa dinamización do mundo rural.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Portfolio

Lucía Rodríguez: "A xente nova, coa pandemia, valoramos máis o sitio en que vivimos e a liberdade que temos"

Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Navia de Suarna Categoría:Nados en 1999