María Luisa Canut Ruiz, nada en Maó o 26 de maio de 1924 e finada en agosto de 2005, foi unha investigadora en ciencias físicas recoñecida a nivel español e dos Estados Unidos.

Traxectoria María Luisa Canut era licenciada e doutora en Ciencias Físicas pola Universidade de Barcelona. Especializouse na aplicación da difracción de raios X para determinar estruturas cristalinas moleculares, un campo que se atopa na intersección entre a cristalografía e a mecánica cuántica.

Na década de 1960 trasladouse xunto a súa parella José Luis Amorós á Universidade do Sur de Illinois, onde ela creou programas informáticos para analizar estruturas moleculares a partir de patróns de difracción de raios X. Como profesora, Canut involucrouse na loita pola igualdade salarial na universidade.

Xunto co seu marido, foi premiada en 1963 polo seu traballo de investigación: "La Difracción Difusa de Cristales Moleculares e o Research Recognition Award en 1968 do Consello de Graduados da Universidade do Sur de Illinois.

Ao seu regreso a España, converteuse en directora do Programa de Cooperación Administrativa, Educativa, Cultural e de Investigación entre España e os Estados Unidos, dentro da Secretaría Técnica Xeral do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), e directora da Oficina do Banco de Datos da Secretaría Xeral do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Tamén foi unha das fundadoras do Instituto Menorquino de Estudos (IME).

Dentro do ciclo de conferencias celebradas no Palau de la Virreina de Barcelona en abril-maio de 1999 arredor da exposición Seneca Falls: un século e medio do Movemento Internacional de Feministas, a doutora Canut participou cunha conferencia titulada Unha feminista na universidade norteamericana nos anos 70, na que relata a evolución do movemento feminista universitario desde a súa aparición na Southern Illinois University.

Obra

1963 Studes on the cooperative phenomenon of X-Ray critical scattering near phase transitions in solids M. L. Canut 1975 The Laue Method José Luis Amoros, Martin J. Buerger, Marisa Canut de Amorós 1986 Sistema de informatización de una biblioteca (SINBIB) María Luisa Canut , Jose Luis Amoros 1991 Índice de la Revista de Menorca : 1888-1990 María Luisa Canut 1993 Europa 1700 : El grand tour del menorquín Bernardo José J.L. Amorós, Mª L. Canut, F. Martí Camps 1995 Lo que vio Bernardo José en su viaje por Flandes, Holanda y Sur de Inglaterra José Luis Amorós y María Luisa Canut 1999 Dones i èpoques : aproximació històrica al món de la dona a les Illes Balears coordinació d'Aina Pascual i Jaume Llabrés ; pròleg de Carme Riera ; textos de M. Lluïsa Canut, Jaume Llabrés, Mariantònia Manresa...[et. al.] ; fotografies de Donald G. Murray 2000 Maestras y libros, 1850-1912 : la primera normal femenina de Baleares María Luisa Canut, José Luis Amorós

Notas

Categoría:Profesores de universidades dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Maó Categoría:Finados en 2005 Categoría:Nados en 1924 Categoría:Físicos de España Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona