Khanzir (en ) é un porco macho exhibido no zoolóxico de Cabul, Afganistán. O animal acadou fama internacional por ser o único porco de Afganistán, un país predominantemente islámico onde non está permitido comer carne de porco.

Traxectoria En 2002, a República Popular da China regalou dous bacoriños ao zoolóxico de Cabul: Khanzir e máis unha femia. Kanzir e a porca tiveron varias crías durante os primeiros anos da guerra de Afganistán, pero o grupo foi atacado por un oso pardo que irrompeu no seu recinto despois de que un coidador deixase unha porta aberta, sendo Khanzir o único porco supervivente.

O status de Khanzir como "único porco de Afganistán" atraeu a atención internacional en maio de 2009, cando foi posto en corentena no medio do brote mundial de gripe A (H1N1).

En 2016, o zoolóxico comezou a solicitar porcos a países estranxeiros para lle dar compañía a Khanzir, pero non chegaron a recibir ningún.

Notas

Categoría:Porcos famosos