miniatura|Capitolio. Monumento a Lucretia Mott, Elizabeth Cady Stanton e Susan B. Anthony A Declaración de Seneca Falls, tamén coñecida como Declaración de Seneca Falls de Sentimentos e Resolucións, é un documento resultado da reunión celebrada os días 19 e 20 de xullo de 1848, asinada por sesenta e oito mulleres e trinta e dous homes de diversos movementos e asociacións políticas liberais próximas aos círculos abolicionistas, liderados por Elizabeth Cady Stanton e Lucretia Mott para estudar as condicións e os dereitos sociais, civís e relixiosos das mulleres.
Foi Elizabeth Cady Stanton quen se encargou de redactar a declaración de principios e as resolucións que finalmente se aprobaron. Na súa redacción fíxoa adoptar a forma da Declaración de Independencia (EE. UU. 1776) co que conseguiu cargala cunha poderosa forza de convicción e de significado histórico.
A declaración enfrontouse ás restricións políticas: non poder votar, nin presentarse a eleccións, nin ocupar cargos públicos, nin afiliarse a organizacións políticas ou asistir a reunións políticas. Ía tamén contra as restricións económicas: a prohibición de ter propiedades, posto que os bens eran transferidos ao marido; a prohibición de dedicarse ao comercio, ter negocios propios ou abrir contas correntes e expresábase en contra da negación de dereitos civís ou xurídicos para as mulleres.
Consta de doce decisións e inclúe dous grandes apartados: as esixencias para alcanzar a cidadanía civil para as mulleres e os principios que deben modificar a costumes e a moral. Once das decisións foron aprobadas por unanimidade e a número doce, a que fai referencia ao voto, por unha pequena maioría.
Está considerada como o texto fundacional do feminismo como movemento social. Foi unha das expresións colectivas do feminismo contemporáneo a diferenza de textos anteriores como a Declaración dos Dereitos da Muller e da Ciudadana (1791) de Olimpia de Gouges ou Vindicación dos dereitos da muller (1792) de Mary Wollstonecraft.
Notas
Categoría:Historia do feminismo