Robert Johnson Dodge, nado en Long Island, Nova York, o 4 de maio de 1825 e finado en Brooklyn o 30 de xuño de 1892, foi un numismático estadounidense.

Traxectoria Dodge naceu en Long Island o 4 de maio de 1825,Smith, P. (2012). Páxina 119. sendo o sétimo fillo de Susan Johnson (1788-1853) e de William Dodge (1785-1872)."Robert Johnson Dodge". Ancestors.familysearch.org

Profesionalmente exerceu como enxeñeiro agrimensor empregado pola cidade de Nova York.Smith, P. (2012). Páxina 120.

Dodge formou parte da American Numismatic Society desde a súa fundación en 1858, e foi o seu segundo presidente, substituíndo a Isaac H. Gibbs logo da dimisión deste o 3 de novembro dese mesmo ano. Ocupou este cargo ata o 11 de marzo de 1864,"Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society ". American Numismatic Society (Numismatics.org). e desvinculouse da organización despois da pausa das súas actividades pola guerra civil estadounidense."Robert J. Dodge (1825-1892)". En The E-Sylum. Vol. 23. Nº 51. 20 de decembro de 2020.Adelson, Howard A. (1958). Páxinas 20, 21, 34, 313, 348.

Dodge foi obxecto dunha medalla creada por Sage, dentro dunha serie dedicada a numismáticos do seu tempo."(c.1860) Bronze Robert J. Dodge Medal". Numismatic Guaranty Company (Ngccoin.com).

Casou o 9 de xuño de 1853 con Antoinette Cornelius Arnold, con quen tivo un fillo, chamado Arnold Robert Dodge.

Robert Johnson Dodge finou en Brooklyn o 30 de xuño de 1892, aos 67 anos, e foi soterrado no cemiterio Green-Wood desa cidade.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Adelson, Howard A. (1958). The American Numismatic Society, 1858-1958. American Numismatic Society. Nova York.

Smith, P. (2025). "Dodge, Robert J(ohnson)". En American Numismatic Biographies. Páxinas 119-120.

Categoría:Nados en 1799 Categoría:Finados en 1891 Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:American Numismatic Society Categoría:Personalidades sen imaxes