Caio Octavio Lenas ou Gaio Octavio Laenas (en latín: Gaius Octavius ​​Laenas) nado cara o 15 a. C. foi un político e senador romano. A través de diferentes matrimonios tivo parentesco cos emperadores Tiberio e Nerva.

Traxectoria Era un Homo novusSyme 1988, pp. 181-183 procedente da cidade mársica de Marruvium.Torelli 1982, p. 192PIR2 O 43 (Wachtel)

Antecedentes familiares Segundo Ronald Syme, Octavio Lenas tivo importancia por razóns xenealóxicas. Era fillo doutro Octavio Laenas, quizais o quattuorvir quinquennalis do municipio de Marruvium, Marco Octavio Lenas Curtiano, que apenas aparece documentado, e Serxia da que "se presumía que era filla do patricio Lucio Serxio Plauto", que está documentado como membro dos Salii Palatini (e quizais tamén como praetor peregrinus en 2,AE 1987, 163 aínda que é máis probable que fose un irmán de Serxia, fillo de Plauto).

A unión matrimonial coa antiga gens Serxia trouxo aos Octavios Lenas unha influencia que resultaría importante: unha irmá de Serxia co mesmo nome casou con Caio Rubelio Blando, procónsul de Creta e Cirene baixo Augusto,Weidemann (1964), p. 67 de quen tivo a un fillo co mesmo nome, Caio Rubelio Blando, cónsul sufecto no ano 18 e marido da sobriña de Tiberio, Xulia Livia, e probablemente Lucio Rubelio Xemino, cónsul ordinario no ano 29 (se non, pódese pensar que era fillo dun irmán do cónsul do ano 18).

Casamento e descendentes Caio Octavio Lenas tivo, polo menos, dous fillos cunha esposa descoñecida (aínda que, en ocasións, aparece denominada como Rubelia Basa),PIR vol. III (1897), p. 137 ("86 RVBELLIA BASSA Blandi ") con quen tivo dous fillos: Serxia Plautilla,PIR vol. III (1897), p. 223 ("384 SERGIA PLAVTILLA") que casou co fillo do suicida Nerva, de quen tivo o futuro emperador Nerva que era, polo tanto, neto de Lenas; e Lucio Octavio ​​Lenas, marido de Rubelia Basa, filla probablemente do seu primo Caio Rubelio Blando, cónsul sufecto no ano 18, e Xulia Livia, neta do emperador Tiberio, o que emparentou a Caio Octavio Lenas coa Dinastía Xulio-Claudia gobernante. Serxio Octavio Lenas Ponciano, cónsul no ano 131, foi neto de Caio Octavio Lenas e Rubelia Basa.PIR vol. III (1897), p. 427 ("30 SERGIVS OCTAVIVS LAENAS PONTIANUS")

Cargos Coñécese pouco da súa carreira. O primeiro cargo documentado foi o nomeamento como cónsul sufecto de xullo a decembro do ano 33 cando, xunto con Lucio Salvio Otón, substituíron a Lucio Livio Ocella (Servio) Sulpicio Galba e Lucio Cornelio Sila Félix.Fasti Ostienses, frgm. Cd d (Vidman) A seguir, entre o 34 e o 38 foi curator aquarum,Smith (1870), p. 10PIR vol. II (1897), p. 427 ("29 C. OCTAVIVS") ou supervisor dos acuedutos e o abastecemento de auga de Roma, cargo no que substituíu a Marco Coceio Nerva,Frontino, De Aquis, CII amigo de Tiberio, tras suicidarse por inanición durante o consulado de Octavio Lenas.Tacito, Annales, VI, 26Dión Casio, Historia romana, LVIII, 21, 4. Frontino afirma que o mandato de Lenas durou dende o ano 34 ata o 38, cando foi substituído por Marco Porcio Catón, cónsul sufecto do ano 36; polo que semella probable que Lenas morrese a finais do ano 37,Rodgers (1982), p. 172 aínda que non se coñece con exactitude.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Cónsules romanos no Alto Imperio

Categoría:Nados no século -I Categoría:Cónsules do Imperio romano Categoría:Gens Octavia Categoría:Finados no século I