Antonio Bermúdez Vidán, nado en Santiago de Compostela o 17 de decembro de 1947 e finado na mesma cidade o 7 de xuño de 2016, foi un xornalista deportivo e empregado da banca galego.
Traxectoria Foi fillo de Antonio Bermúdez Morandeira e da mestra Andrea Vidán Torres. Empezou traballando como viaxante dunha empresa farmacéutica, para logo desempeñar varios cargos no Banco de Galicia, Banco Zaragozano, e Barclays, tanto na súa cidade coma en outras vilas como Noia e Muros.
Na súa gran paixón, que foi a radio deportiva en Radio Galicia-Cadena SER, informaba a diario da actualidade do deporte modesto e seguía os partidos de fútbol da SD Compostela, de baloncesto do CAB Obradoiro, e no fútbol sala do Autos Lobelle, e colaborou tamén en programas televisivos como A Prórroga. Foi membro da Asociación da Prensa Deportiva da Provincia da Coruña e mais da Federación Galega de Periodismo Deportivo.
Faleceu por mor dun infarto de miocardio mentres traballaba. Está enterrado no cemiterio de Boisaca, xunto coa súa tía e o marido da mesma.
Recoñecementos En 2019 recibiu o Premio Honorífico á traxectoria deportiva na III Gala do Deporte de Santiago de Compostela.
Dende 2016 no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro celébrase o Memorial Antonio Bermúdez Vidán, organizado pola SD Compostela. Vida persoal
Casou con Rosa María Vaamonde Iglesias e foi pai de Antonio (tamén xornalista deportivo) e Paula Bermúdez Vaamonde. Ten 4 netos, Andrea, Pablo, Etienne, e Mateo, e un bisneto chamado Tiago.
Notas
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Xornalistas deportivos