Os Montreal Maroons era o sobrenome co que era coñecida unha franquía de hóckey sobre xeo da National Hockey League con sede en Montreal, na provincia de Quebec (Canadá). Oficialmente, o nome do equipo era Montreal Hockey Club. Os Maroons foron o último equipo non pertencente ao grupo dos "Original Six" que gañou a Stanley Cup ata a tempada 1973-74, cando os Philadelphia Flyers alzaron o trofeo.
O equipo foi creado en 1924 para representar á comunidade anglófona da cidade, mentres que os Montreal Canadiens eran o equipo da comunidade francófona. Esta foi a primeira vez dende 1918, cando se retiraron os Montreal Wanderers, en que Montreal tivo un segundo equipo profesional de hóckey sobre xeo nas gandes ligas.
En total, 88 xogadores diferentes xogaron para os Maroons, sendo Nels Stewart e Reginald « Hooley » Smith os dous xogadores máis prolíficos do equipo con 185 goles e 647 minutos de penalización para o primeiro, e 151 asistencias e 281 puntos para o segundo. Jimmy Ward pola súa banda foi o xogador que máis veces vestiu a camisola do equipo, xogando 11 tempadas nos Maroons cun total de 496 partidos xogados. Clint Benedict foi o porteiro máis empregado polo equipo dos oito que compartiron o rol. Algúns dos mellores xogadores da época xogaron nos Maroons; once xogadores foron elixidos para o Hockey Hall of Fame, mentres que cinco dos seis adestradores que tivo o equipo foron tamén homenaxeados.
O equipo foi altamente competitivo e gañou dous títulos de campión da Stanley Cup, o trofeo máis importante da NHL, en 1926 e en 1935. Mais o equipo viuse obrigado a declararse en creba ao final da tempada 1937-38, e a Gran Depresión foi acabando pouco a pouco coas franquías máis fráxiles da NHL. A cidade de Montreal, que acollía tamén os Montreal Canadiens, non escapou da crise financeira: os investidores locais non puideron soster dous equipo profesionais e os Maroons cesaron as súas actividades definitivamente en 1947, deixando aos Canadiens como único representante da cidade na NHL.
Dende a desaparición dos Maroons ningún equipo da NHL que gañara a Stanley Cup nalgún momento da súa historia retirouse ou foi recolocado posteriormente.
Historia Fundación miniatura|250px|Edward W. Beatty en 1942. Durante a sétima tempada da National Hockey League, en 1923-24, tan só oito franquías competiron durante a liga regular. A cidade de Montreal, pola súa banda, carecía dun segundo club de hóckey profesional de alto nivel: os Canadiens eran o único equipo da cidade e representaran a poboación francófona da dende 1909. Dende xaneiro de 1909 non houbera ningún equipo representante da comunidade anglófona debido á desaparición dos Wanderers logo do incendio do seu estadio, o Westmount Arena, o 2 de xaneiro de 1918, logo de ter xogado tan só catro partidos da tempada inaugural da NHL.
En marzo de 1922, a comunidade anglófona de Montreal mobilizouse para adquirir un equipo e construír un novo estadio. O grupo, coa axuda dos francófono Donat Raymond e William Northey, convenceu a Edward W. Beatty, daquela presidente de Canadian Pacific, para que lles axudara. En xaneiro de 1924 fundouse a Canadian Arena Company Limited. Lograron recadar os fondos necesarios para construír unha nova pista de xeo e adquirir o dereito a xogar na NHL. En efecto, os equipos da NHL nesa época posuían os dereitos territoriais que podían ceder a cambio dunha compensación, e Léo Dandurand, propietario dos Canadiens, aceptou vender a metade dos seus dereitos e perder a exclusividade do hóckey de alto nivel na cidade. Dandurand vía interese tamén neste novo equipo por dous motivos: a construción dunha nova pista de xeo na que podería facer xogar o seu equipo en 1926 e, segundo as súas propias palabras, coa esperanza dunha rivalidade importante e lucrativa.
miniatura|esquerda|250px|O Forum de Montréal durante a súa construción en 1924.
Deste xeito, recadáronse 15 000 dólares, dos cales 10 000 foron para os Canadiens, e construíuse un novo anfiteatro en 159 días: o Forum de Montréal. De xeito infrecuente, foron os Canadiens o que inauguraron oo Forum o 29 de novembro de 1924 fronte os Toronto St. Patrick's. O seu estadio habitual, o Aréna Mont-Royal, non estaba listo para a nova tempada debido a problemas eléctricos que obrigaron á liga a trasladar o partido.
O novo equipo directivo do equipo anglófono de Montreal estaba presidido por James Strachan, fundador dos Wanderers, asistido por Gordon Cushing no posto de vicepresidente e igualmente un antigo exécutive dos Canadiens: Cecil Hart. Este último converteuse no xerente do equipo. Para preparar esta primeira tempada, a directiva do equipo fichou a dous xogadores tres veces campións da Stanley Cup cos Ottawa Senators: o porteiro Clint Benedict, así como o atacante Harry «Punch» Broadbent. Os directivos do equipo querían chamar o equipo Wanderers, mais os dereitos do nome pertencían ao antigo xogador e directivo dos Wanderers orixinais, Dickie Boon. Ao non chegar a un acordo con Boon, o novo club non adoptou ese nome e foi chamado oficialmente o Montreal Professionnal Hockey Club.
1924-1925, os primeiros pasos na NHL miniatura|250px|Chuck Dinsmore, autor do primeiro gol da historia da franquía. No inicio da nova tempada incluíronse dous novos equipos: os Boston Bruins, primeira franquía da historia da liga localizada nos Estados Unidos, e un segundo club de hóckey en Montreal. O club non se chamaba Maroons, mais este sobrenome púxollo a prensa de Montreal logo do primeiro partido da súa historia. De feito, a noite do 1 de dezembro de 1924, os xogadores de Montreal, vestidos de granate, enfrontáronse aos Bruins no primeiro partido a historia da NHL disputado nos Estados Unidos, perdendo por 2 goles a 1. O primeiro gol da historia da franquía anotouno por Chuck Dinsmore, un xogador novo de 21 anos. Dous días despois, os xogadores dos Maroons debutaron na casa ante 8 000 persoas, mais caeron por 2-0 fronte os Hamilton Tigers.
Non foi ata o terceiro partido da tempada cando o novo equipo sumou a súa primeira vitoria. Este partido enfrontou os Maroons fronte o antigo equipo de Benedict e Broadbent, os Ottawa Senators. Este último rexistrou dous goles na vitoria por 3-1. O 7 de xaneiro de 1925, Broadbent anotou cinco goles nun partido para levar o seu equipo á vitoria por 6-2 fronte os Hamilton Tigers, e o 20 de xaneiro de 1925, o equipo rexistrou o seu primeiro shutout da súa historia na pista dos Bruins, con Benedict detendo todos os disparos. Máis adiante na tempada conseguiu o seu segundo shutout contra os Tigers, futuros campións da liga regular, o seu primeiro shutout no Forum de Montréal. Finalmente ao final dos trinta partidos da liga regular, o equipo sumou un total de tan só nove vitorias, dous empates e 19 derrotas. Polo tanto remataron quintos na liga regular, 8 puntos, mais 15 por detrás dos cuartos, os Senators, e con case a metade de puntos que os Tigers, que finalizaron a liga regular con 39 puntos.
1925-1926, a primeira Stanley Cup Na segunda tempada, o adestrador do equipo e antigo xogador profesional Eddie Gerard deulle pulo ao rendemento do equipo ao asinar os primeiros contratos profesionais de xogadores mozos. En marzo, el o seu presidente asistiron á final da Allan Cup no Forum de Montréal, onde coñeceron a Albert Siebert, un xogador de 21 anos ao que ofreceron un contrato profesional inmediatamente despois de finalizar o encontro. Uns meses máis tarde, Nels Stewart tamén asinou un contrato co equipo; os Maroons conseguiron chegar a un acordo co xogador a pesar da oferta de 15 000 dólares por tres anos dos Saint-Patricks de Toronto. Os dous xogadores foron colocados na primeira liña do equipo e convertéronse no punto de atención de todos durante o campamento de adestramento. miniatura|esquerda|250px|Clint Benedict xogou máis de 200 partidos como porteiro dos Maroons. Os Hamilton Tigers víronse obrigados a cesar as súas actividades logo de seren suspendidos durante os play-offs de 1925, e os New York Americans debutaron na NHL ocupando a praza do equipo de Ontario, ao mesmo tempo que os Pittsburgh Pirates, o equipo do mesmo nome que a franquía de béisbol da cidade.
A primeira proba do novo equipo tivo lugar durante a preparación da tempada cun partido amigable contra os Victoria Cougars, equipo da Western Hockey League e vixente campión da Stanley Cup. Os Cougars xogaron un partido contra os Canadiens, que gañaron os xogadores da NHL por 5-3, e tamén contra os Maroons. Este último partido decidiuse do lado dos xogadores de Victoria cun marcador de 3-1. Logo dunha derrota e unha vitoria, o terceiro partido da tempada 1925-26 dos Maroons foi fronte os Canadiens, equipo ao que nunca foran capaces de derrotar. A pesar do gol inicial de Howie Morenz para os Canadiens, foron os Maroons os que se acabaron impoñendo por 3-2.
Ao final da liga regular, os Maroons rexistraron 20 vitorias, 11 derrotas e 5 empates. Das 20 vitorias do equipo, catro finalizaron cun shutout de Benedict ao non ter encaixado ningún gol Os Maroons finalizaron na segunda posición da clasificación con 7 puntos menos que os Senators. O modo Stewart foi noticia durante toda a liga regular, anotando a maior cantidade de goles con 34, e liderando a clasificación de puntuadores cun total de 42 puntos conseguidos. Stewart conseguiu o Hart Memorial Trophy como MVP da NHL.
Os tres primeiros equipos da táboa clasificáronse para disputar as series da NHL: os Senators, os Maroons e os Pirates. Estes últimos dous equipos enfrontáronse na primeira rolda dos play-offs con partidos disputados nos Duquesne Gardens de Pittsburgh, mentres que unha multitude de seareiros congregouse diante do xornal de Montreal Daily Star para escoitar as novas anunciadas por un empregado do xornal. No primeiro partido, os Maroons gañaron por 3-1, mentres que o segundo finalizou con empate a tres goles entre os dous equipos, e finalmente os Maroonss gañaron a serie por 6-4 no reconto total de goles.
Deste xeito Benedict e Broadbent enfrontáronse ao seu antigo equipo na final da NHL nunha serie moi disputada. Os dous equipo anotaron un só gol no primeiro partido; Broadbent anotou o gol do equipo de Montreal, mentres que Benedict mantivo a súa portería a cero no segundo partido e Siebert marcou o único gol do encontre. Os Maroons conquistaron o seu primeiro trofeo colectivo, o Prince of Wales Trophy como mellor equipo da NHL.
A final da Stanley Cup de 1926 foi a última da historia aberta a equipos que non formaban da NHL. Así, ao final da tempada 1925-26 da Western Hockey League, os Victoria Cougars finalizaron terceiros na clasificación, mais gañaron os play-offs da WHL e o dereito a xogar fronte os Maroons.
Esta foi a primeira edición da final da Stanley Cup celebrada no futuro célebre pavillón do Forum de Montréal e a serie decantouse do lado local, que gañou o primeiro, o segundo e o cuarto partido, sufrindo tan só unha derrota no terceiro por 3-2. As tres vitorias dos Maroons foron tres shutouts (3-0, 3-0 e 2-0) e Stewart, xa mellor xogador da tempada, continuou a súa racha goleadora marcando seis dos des goles do seu equipo. Con esta vitoria dos Maroons, a NHL fíxose coa posesión da Stanley Cup de xeito definitivo, co cal nunca máis podería ser gañada por un equipo doutra liga.
O equipo que se proclamou campión da Stanley Cup esa tempada foi o seguinte:
Porteiro: Clint Benedict Défenseurs: Dunc Munro, Toots Holway, Reg Noble et Babe Siebert Alas: Punch Broadbent, Frank Carson, et Sammy Rothschild Centros: Dinny Dinsmore, Merlyn Phillips et Nels Stewart
1926-1927, eliminados polos Canadiens Na tempada 1926-27 tres novos equipos estadounidenses ingresaron na NHL: os Chicago Black Hawks, os Detroit Cougars e os New York Rangers. Os dous primeiros equipos eran en realidade dous antigos equipos da WHL que desapareceu despois da tempada 2025-26: s Portland Rosebuds e os Victoria Cougars, finalistas derrotados polos Maroons uns meses antes..